Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a obtención dos bens e dereitos da UE Canido-praia, dos que os propietarios non se incorporaron en tempo e forma á xunta de compensación do devandito polígono (expediente 112/413).

O alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con data do 4 de febreiro de 2000, dictou resolución que na súa parte dispositiva di:

Primeiro.-Aplica-lo procedemento expropiatorio de taxación conxunta para a obtención dos bens e dereitos da UE Canido-praia ós propietarios que non se incorporaron en tempo e forma á xunta de compensación do devandito polígono.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta da metade indivisa do predio nº 7 e do predio nº 23 do estudio de detalle da UE Canido-praia, dos que os seus propietarios non se incorporaron á xunta

de compensación do devandito polígono, sendo beneficiaria da expropiación a devandita xunta de compensación.

Terceiro.-Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individual ós que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, nos termos do artigo 145, números 2.3.4 da Lei do solo de Galicia, se ben no referente á parcela nº 7 herdanza xacente de Basilio Silvano Gallego Santomé as dilixencias entenderanse, de acordo co artigo 5 da LEF, co Ministerio Fiscal.

Por medio do presente anuncio sométese a información pública o devandito expediente mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, significando que o prazo de información pública é como mínimo dun mes e entenderase aberto coa publicación do primeiro anuncio ata trascorrido un mes da publicación do deradeiro, computado na forma prevista no artigo 48 da LRXAP-PAC, co fin de que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. O expediente atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia, praza do Rei, esquina rúa Cachamuíña) á disposición do público en xeral.

De conformidade co artigo 59.4º da LRXAP-PAC en relación coa Lei do solo de Galicia, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, ou respecto dos cales non se poida practica-la notificación individual intentada.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados de expropiación.

Nº de parcela: 7 (metade indivisa).

Propietario: herdanza xacente de Basilio Gallego Santomé.

Superficie afectada: 387,10 m.

Nº de parcela: 23.

Propietario: Tranvías Eléctricos de Vigo, S.A.

Superficie afectada: 86,49 m.

Vigo, 15 de febreiro de 2000.

Dolores Villarino Santiago

Concelleira de Xestión Urbanística