Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TORDOIA

EDICTO.

1. Obxecto.

Contratación do servicio de limpeza da casa do concello, centro de saúde, centro de servicios múltiples, colexio público de EXB e polideportivo do concello de Tordoia.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: concurso.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: de acordo co prego de cláusulas administrativas aprobadas polo Pleno da Corporación o día 28 de xaneiro de 2000.

3. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Tordoia (A Coruña). Sección: secretaría xeral.

b) Domicilio: Pontepedra s/n, Cabaleiros.

c) Localidade e código postal: Tordoia (A Coruña), 15683.

d) Teléfono e fax: 981 69 00 01 e 981 69 00 05.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

4. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, dentro do prazo dos vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou DOG, de luns a venres en horario de 9 ás 14 horas.

5. Orzamento base de licitación.

Cantidade máxima 6.300.000 ptas., (37.863,76 euros).

6. Fianza.

a) Provisional: fíxase no 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: fíxase no 4% do tipo de licitación.

7. Apertura de plicas e adxudicación.

Realizarase no concello ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación das proposicións. De cadrar en sábado, trasladarase ó luns.

8. Gastos de publicidade.

Correrán todos por conta do adxudicatario.

9. Exposición dos pregos.

No taboleiro de edictos do concello e no BOP.

10. Modelo de proposición.

Segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

Tordoia, 17 de febreiro de 2000.

Antonio Pereiro Liñares

Alcalde