Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de condicións económico-administrativas de asistencia técnica para a contratación dun enxeñeiro técnico, ponse a información pública polo prazo de 8 días por efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria de concurso para a devandita contratación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sanxenxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: ver cláusula 1ª do prego respectivo.

b) Lugar: Concello de Sanxenxo.

c) Prazo de subministración: ata o 2 de xaneiro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe: 348.000 ptas., (IVE incluído)/mes.

5. Garantías.

a) Provisional: 62.640 pesetas.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Teléfono 986 72 00 75 76. Fax: 986 72 10 22.

Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Ver cláusula 12ª do prego de condicións.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: a que resulte de contar 13 días naturais desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade e domicilio: ver punto 6.

b) Data: no terceiro día hábil seguinte ó de remate da presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: cláusula 13 do prego respectivo.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 17 de febreiro de 2000.

Fernando Villaverde González

Alcalde en funcións