Aprobado o prego de condicións económico-administrativas para a subministración de equipamento informático para dependencias municipais, ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo anúnciase a convocatoria de concurso para a devandita contratación.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Sanxenxo.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: subministración de equipamento informático para dependencias municipais.
b) Lugar: Concello de Sanxenxo.
c) Prazo de subministración: un mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe: 3.402.310 pesetas, IVE incluído.
5. Garantías.
a) Provisional: 68.046 pesetas.
b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo, rúa Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Teléfono 986 72 00 75-76. Fax: 986 72 10 22.
Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Acreditar solvencia económica e técnica.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite: a que resulte de contar 13 días naturais desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de condicións económico-administrativas.
c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade e domicilio: ver punto 6.
b) Data: no segundo día hábil seguinte ó de remate da presentación de ofertas.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións.
Criterios de adxudicación: cláusula 11 do prego respectivo.
11. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
Sanxenxo, 17 de febreiro de 2000.
Fernando Villaverde González
Alcalde en funcións