Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 24 e 208/1999).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 20 de xaneiro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. A aprobación definitiva do proxecto de compensación da Unidade de Actuación 16, do SU-23, por pedimento de Eligio López González, en representación de Darío e Eligio López Constructores, S.L.

2. A aprobación definitiva do proxecto de urbanización da Unidade de Actuación 16, do SU-23, por pedimento de Eligio López González, en representación de Darío e Eligio López Constructores, S.L. coa condición establecida no acordo de aprobación inicial de constitución de garantía na cantidade de seis millóns oitocentas mil pesetas (6.800.000 ptas.).

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia.

Ourense, 26 de xaneiro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente