Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.744

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DE LUGO

POXA pública de armas.

Resolución da Comandancia da Garda Civil de Lugo pola que se anuncia poxa de armas.

As 9.30 horas do vindeiro día 25 de marzo terá lugar, no cuartel da Garda Civil de Lugo, a poxa de armas composta por 273 lotes (escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres), que serán expostos ó público os días 20, 21, 22, 23 e 24 do dito mes, das 9.30 ás 13.30 horas, momento no que lles será entregado o correspondente prego de condicións.

A poxa será a prego pechado e o prazo de admisión de pregos rematará ás 13.30 horas do día 24.

Lugo, 8 de febreiro de 2000.

Emilio Ferreiro Quintairos

Tenente coronel primeiro xefe da Comandancia

da Garda Civil de Lugo