Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MAZARICOS

ANUNCIO de poxa, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a venda de dous predios municipais situados en Val, no lugar Riba da Horta Vella.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mazaricos.

Expediente tramitado en secretaría.

2. Obxecto do contrato: venda dos predios A-4 e A-15 do plano nº 2 do convenio asinado o día 20 de xaneiro de 2000.

Predio A-4: superficie 2.000 m.

Uso: solo apto para urbanizar de uso industrial (SAUI).

Predio A-15: superficie 2.000 m.

Uso: solo apto para urbanizar de uso industrial (SAUI).

3. a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Tipo de licitación: 3.600.000 ptas., cada un dos predios (21.636,44 euros).

5. Garantías: provisional: 72.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información: no Concello de Mazaricos (Avda. Trece de Abril, nº 59, A Picota, Tfno.: 981 86 71 04, fax: 981 85 22 17), dentro do prazo de 13 días naturais seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados no prego de cláusulas administrativas que regulan a venda.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite: en horario laboral, no prazo de 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, no rexistro do Concello de Mazaricos.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Mazaricos.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello ás 12 horas do segundo día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Se ese día cadra en sábado, trasládase o acto ó luns seguinte.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos de publicación de licitación.

11. Exposición do prego: o prego de cláusulas administrativas queda exposto ó público no Concello de Mazaricos durante o prazo de 8 días, para que as persoas e as entidades interesadas poidan presenta-las alegacións, suxestións e reclamacións que xulguen oportunas.

Mazaricos, 17 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado