Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 16 de decembro de 1999, o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura desde a r/ Concepción Arenal ata a estrada da Gándara, redactado polo enxeñeiro de camiños Vicente Berrocal Bertol e promovido por Francisco Gabín Touceda.
Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O expediente ficará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.
Narón, 13 de xaneiro de 2000.
Xoán Gato Díaz
Alcalde