Sometido a información pública polo prazo dun mes o plan especial de reforma interior do contorno do mosteiro de San Salvador de Celanova, mediante edicto publicado no DOG número 28, do 10 de febreiro de 2000, e constatando o desexo de presentación de múltiples alegacións por parte dos interesados, coa finalidade de outorga-las máximas facilidades,
prorrógase o período da devandita información pública polo prazo doutro mes contado a partir da data do 10 de marzo de 2000.
Celanova, 16 de febreiro de 2000.
O alcalde
Rubricado