Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

Sometido a información pública polo prazo dun mes o plan especial de reforma interior do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes, mediante edicto publicado no DOG número 28, do 10 de febreiro de 2000, e constatando o desexo de presentación de múltiples alegacións por parte dos interesados, coa finalidade de outorga-las máximas facilidades, prorrógase o período da devandita información pública polo prazo doutro mes contado a partir da data do 10 de marzo de 2000.

Celanova, 16 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado