O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 17 de febreiro de 2000, acordou aprobar definitivamente por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cariño.
O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sinalando que contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, de conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, impugnalo directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.
Se se opta pola interposición do recurso potestativo de reposición deberá ser resolto e notificado polo concello no prazo dun mes, segundo establece o artigo 117.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que teña recaído resolución en prazo, entenderase desestimado, e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo.
Contra a resolución expresa do recurso de reposición ou ben directamente contra o presente acordo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da devandita resolución ou ó da publicación do presente acordo; se a resolución non fose expresa, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso potestativo de reposición interposto, segundo establecen os artigos 46.1º e 4º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Advírtese que tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que os interesados estimen pertinente en defensa dos seus intereses.
Cariño, 18 de febreiro de 2000.
Fernando Tallón Cabana
Alcalde