Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2000, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992. (Expediente C-30-CD/70, conta 216).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501 e 1091 do Código civil e a cláusula III do contrato de compravenda, notifí caselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorprando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos sus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro

beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 26 de xaneiro de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Carmen Permuy Argundín e herdeiros.

Expte. C-30-CD/70 (Desafiuzamento F.P. 530/99).

Conta: 216.

Rúa Blanco Amor nº 17, baixo A (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 2.925 ptas.