Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.530

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de xaneiro de 2000 pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e as normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 2000 (Diario Oficial de Galicia 24, do venres 4 de febreiro de 2000).

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia, do 4 de febreiro de 2000, cómpre face-las oportunas correccións.

Na páxina 1.486:

No artigo 6º.-Excepcións nas dimensións mínimas e nas cotas de captura no caso da troita:

Suprímese o segundo parágrafo: «Nas masas de auga da provincia de Ourense non citadas explicitamente neste artigo, a cota de captura por pescador e día será de 10 troitas».

No artigo 7º.-Xornadas hábiles:

Onde di: «Nos ríos Eo e Navia o día inhábil será o xoves», debe dicir: «Nos ríos Eo e Navia o día inhábil será o xoves nos tramos compartidos coa Comunidade Autónoma de Asturias».

No anexo I.-Horarios de pesca: substituí-lo cadro existente por este novo:

Período (ámbalas dúas datas incluídas)ComezoRemate

1-1-2000/31-1-20007.55 h.19.20 h.

1-2-2000/29-2-20007.25 h.20 h.

1-3-2000/25-3-20007.40 h.20.40 h.

26-3-2000/30-4-20006.50 h.22.15 h.

1-5-2000/31-5-20006.30 h.23 h.

1-6-2000/30-6-20006.15 h.23.15 h.

1-7-2000/31-7-20006.30 h.23 h.

1-8-2000/31-8-20006.35 h.22.55 h.

1-9-2000/30-9-20006.10 h.22.10 h.

1-10-2000/28-10-20006.40 h.21.15 h.

29-10-2000/30-11-20007.20 h.19.25 h.

1-12-2000/31-12-20007.50 h.19 h.

-Na páxina 1.489, nas vedas da provincia de Ourense, onde di:

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKm.Obs.

Río ArnoiaNacemento (Vilar de Barrio)Ponte Prado (Vilar de Barrio)10Afluentes

Presa do Buraco (Allariz)Presa dos Osos (Allariz)1,3

Couto de CelanovaPonte vella en PontegrandeMuíños das Pitas en Foncuberta 1

Debe dicir:

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKm.Obs.

Río ArnoiaNacemento (Vilar de Barrio)Ponte Prado (Vilar de Barrio)10Afluentes

Presa do Buraco (Allariz)Presa dos Osos (Allariz)1,3

Couto de CelanovaMuíños das Pitas en FoncubertaPonte vella en Pontegrande1

Onde di:

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKm.Obs.

Río MarañaoPresa de SaaDesembocadura no río Arenteiro1

Debe dicir:

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKm.Obs.

Río Marañao1

Couto do CarballiñoPresa de SaaDesembocadura no río Arenteiro

-Na páxina 1.490, nas vedas da provincia de Pontevedra, onde di:

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKm.Obs.

Río Tea

Couto de MondarizPonte da Poeira, en Riofrío (Mondariz)Presa de Val (Mondariz)0,3

Debe dicir:

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKm.Obs.

Río Tea

Couto de MondarizPonte da Poeira, en Riofrío (Mondariz)Presa de Val (Mondariz) e nos 250 m augas abaixo da depuradora de Mondariz Balneario0,3

Deberase engadir:

Masa de augaLímite superiorLímite inferiorKm.Obs.

Regato de CastiñeirasNacemento (concello de Vilaboa)Desembocadura na lagoa de Castiñeiras (concello de Marín)0,25

-Na páxina 1.492, no río Sil e afluentes:

Onde di: «Prohíbese a pesca con cebo natural desde o 1 de agosto ata o final da temporada», debe dicir: «Prohíbese a pesca con cebo natural desde o 1 de agosto ata o final da temporada, nos tramos non incluídos no réxime especial de encoros».

-Na páxina 1.493, no anexo V, réximes especiais da provincia de Ourense.

1. Prescricións especiais.

* Río Arenteiro.

Deberase engadir:

* Prohíbese a pesca os xoves non festivos no couto do Carballiño.

* Río Arnoia.

Deberase engadir:

* No couto de Celanova a cota de captura fíxase en dez troitas por pescador e xornada.

* Río Mao.

Deberase engadir:

* No couto de Montederramo a cota de captura fíxase en dez troitas por pescador e xornada.

-Na páxina 1.493, no anexo VI, réximes especiais da provincia de Pontevedra.

1. Prescricións especiais.

* Río Ulla.

No parágrafo segundo, onde di: «Desde o 7 de maio ó 19 de agosto...», debe dicir: «Desde o 7 de maio ó 20 de agosto,...».

Deberase engadir:

«Autorízase a pesca sen morte no couto de Ximonde a partir do 14 de abril para salmón, troita e reo con 4 permisos diarios. Cada especie poderá pescarse ata o peche da súa temporada hábil no río Ulla e, no caso do reo, esta temporada prorrogarase ata o 30 de setembro.

Límites: 200 m augas abaixo do pé da presa de Ximonde e canal de Cubelas, cunha lonxitude de 0,70 km.

* Río Oitavén.

No couto de Eiras autorízase a pesca desde embarcación ou artefactos boiantes sen motor no tramo encorado.