Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.498

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN conxunta do 4 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e CESM-SATSE, sobre selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Sergas e determinados postos funcionariais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde.

No marco da mesa sectorial de persoal sanitario, coa finalidade de establecer un sistema de selección temporal para o persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, negociáronse os pactos publicados nos DOG do 13 de abril de 1993, do 12 de maio de 1994, do 21 de decembro de 1995 e do 10 de marzo de 1997.

Prorrogada automaticamente a vixencia do último pacto durante os anos 1998 e 1999, acórdase unanimente en sesión do 24 de setembro de 1999, da comisión central de seguimento do pacto de contratacións temporais, a súa denuncia, iniciándose as negociacións coas organizacións sindicais representadas na Mesa Sectorial dun novo pacto, regulador do sistema de selección temporal para diversas categorías de persoal estatutario e determinados postos funcionariais das institucións dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Tralo citado proceso negociador acadouse o pacto anexo, subscrito entre a Administración sanitaria e as centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF, e CESM-SATSE, que tivo lugar de conformidade co artigo 35 da Lei 9/1987, do 9 de xuño, pola que se regulan os órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas.

O contido do dito pacto é o que figura como anexo a esta resolución.

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 36 da citada Lei 9/1987, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVEN:

Acorda-la publicación do pacto sobre selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario e determinados postos funcionariais nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde, que se inclúe como anexo a esta resolución.

Réxime transitorio.

Mentres non se publiquen as listas que, por cada categoría, se establecen neste pacto, para efectua-los

chamamentos que resulten precisos aplicaranse as listas confeccionadas en desenvolvemento do pacto do 28 de febreiro de 1997 (DOG do 10 de marzo).

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2000.

Manuel Antonio Silva RomeroValeriano Martínez García

Secretario xeral da ConselleríaDirector xeral da División

de Sanidade e Servicios Sociaisde Recursos Humanos do

Servicio Galego de Saúde

ANEXO

En Santiago de Compostela, o catro de febreiro do ano dous mil, no marco da mesa sectorial de negociación do persoal sanitario, e de conformidade coas facultades conferidas no artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, así como das competencias outorgadas á referida mesa sectorial polo acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais, subscrito coa data do 7 de setembro de 1991, polos representantes da Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CIG, CC.OO, UGT, CSI-CSIF, e CESM-SATSE, tralo proceso negociador mantido no seo das comisións de traballo creadas ad hoc pola Mesa Sectorial Sanitaria, subscríbese este pacto sobre sistema de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Sergas e determinados postos

funcionariais da Administración sanitaria, co contido que a continuación se expón:

I. Normas xerais.

1. Vixencia do pacto.

1º Este pacto entrará en vigor o 12 de marzo de 2000, por mor da vixencia do pacto subscrito con data do 28 de febreiro de 1997, vehiculado por resolución conxunta da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos da mesma data, con publicación no Diario Oficial de Galicia o 10 de marzo de 1997 e vixencia a partir do día 11 de marzo de 1997 por períodos anuais.

Emporiso, efectuarase unha convocatoria para a selección dos aspirantes con carácter inmediato á publicación no DOG deste pacto concerniente a tódalas categorías incluídas no seu ámbito de aplicación. A selección dos aspirantes desa convocatoria rexerase polos baremos de méritos e criterios ordenadores previstos neste pacto, ben que as novas listas que se confeccionen non terán virtualidade ata a data prevista para a súa entrada en vigor.

2º Este pacto terá vixencia dun ano a partir da data da súa entrada en vigor, con prórroga automática por idéntico ou idénticos períodos de non mediar denuncia expresa por ningunha das partes cando menos con tres meses de antelación ó seu termo.

De existir denuncia da vixencia deste pacto prorrogarase a súa efectividade ata a formalización do novo pacto que o substitúa, trala negociación correspondente.

2. Réxime transitorio.

1º Rematada a vixencia do pacto de vinculacións temporais de médicos especialistas en pediatría que presten os seus servicios na atención primaria de saúde con data do 27 de maio de 1997 (DOG nº 118, do 20 de xuño) que xa foi denunciado na súa vixencia, a selección, xestión e ordenación dos chamamentos destes profesionais executarase a través deste pacto. Xa que logo, os profesionais médicos da especialidade de pediatría e subsidiariamente os médicos xerais co diploma de puericultura -estes últimos por mor da falta xustificada de pediatras especialistas e mentres tal falta concorra- incluiranse a partir da finalización da súa vixencia (22 de xuño de 2000) no ámbito de aplicación deste pacto.

2º A estructura e as escalas de puntuación por tramos horarios recollida no epígrafe de formación continua nos baremos do pacto do 28 de febreiro de 1997 (DOG do 10 de marzo), aplicaranse á primeira convocatoria de selección de aspirantes prevista no parágrafo segundo da disposición primeira desta norma para tódalas categorías obxecto de selección.

As sucesivas ou ulteriores convocatorias de selección que se vehiculen, con base neste pacto, rexeranse pola estructura de baremos prevista nel, incluída a reducción anual na puntuación máxima de 0,20 puntos que se referencia.

3º Cada un dos exercicios que integren a fase de oposición, para todas aquelas categorías que ata a data non foron obxecto de OPE formalizada polo Sergas, incluirase co grao de proporcionabilidade e na ponderación que corresponda dentro da estructura dos seus baremos, a través de acordo da comisión central de seguimento do pacto adoptado no momento que se executen as OPE correspondentes.

3. Ámbito de aplicación do pacto.

Territorial: será de aplicación en toda a Comunidade Autónoma.

Persoal: afectará a tódalas vinculacións temporais, a través dos nomeamentos que se formalicen, das categorías de persoal estatutario e as clases de funcionarios que se refiren:

a) Persoal sanitario facultativo: inclúense as categorías estatutarias de médico de familia, pediatra, odontólogo e psicólogo clínico.

Así tamén a cobertura temporal de postos de traballo incluídos na relación de postos de traballo da Lei 17/1989, correspondentes á clase de inspectores médicos e demais clases da escala de saúde pública e Administración sanitaria.

b) Persoal sanitario non facultativo: inclúense tódalas categorías estatutarias que abrangue este grupo de clasificación.

Tamén a cobertura temporal de postos de traballo incluídos na relacións de postos de traballo da Lei 17/1989, das clases de subinspectores sanitarios e ATS/DUE.

c)Persoal non sanitario: inclúense tódalas categorías estatutarias que abrangue este grupo de clasificación.

4. Sistema de nomeamentos.

As listas elaboraranse por categoría profesional e ámbito de área de xestión sanitaria, coas especialidades que se recollen na disposición décimo segunda.

5. Formalización das solicitudes.

Unha vez publicado este pacto no Diario Oficial de Galicia, convocarase os aspirantes, mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, que se publicará no Diario Oficial de Galicia (en diante DOG) e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas, dos centros hospitalarios e dos centros de xestión de atención primaria do devandito organismo, concedéndolles un prazo máximo de 15 días naturais a partir do seguinte ó da data da publicación da convocatoria no DOG, para que os aspirantes presenten a súa solicitude no modelo normalizado, en unión da documentación que sexa pertinente. Igualmente, daráselle a publicidade adecuada á convocatoria, a través da inserción na prensa dun anuncio dela.

Para poderen formula-la solicitude, os aspirantes deberán ter cumpridos os 18 anos de idade e non execede-la idade de xubilación forzosa, no momento da presentación desta; acredita-la nacionalidade española ou dun país da Unión Europea (en diante UE) ou, se é o caso, dispor de autorización para poder residir e traballar legalmente en España; posuí-la titulación que, segundo se fai constar no modelo de instancia anexo, habilita para o exercicio da profesión correspondente ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes. Así mesmo, deberá posuí-la capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do correspondente nomeamento. Tamén deberán reuni-los demais requisitos recollidos no artigo 4.4º da Lei 30/1999, do 5 de outubro, sobre selección de personal estatutario dos servicios de saúde (BOE nº 239, do 6 de outubro).

Non poderán presenta-la súa solicitude os aspirantes que foran excluídos das listas confeccionadas en aplicación dos pactos do 1 de abril de 1993 (DOG do 13 de abril), do 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio), do 21 de decembro de 1995 (DOG do 19 de xaneiro), e do 28 de febreiro de 1997 (DOG do 10 de marzo), por non ter superado o período de proba previsto no nomeamento ou contrato sempre que a exclusión non fose excepcionada, ou tamén por acordo de exclusión firme fundado en incumprimento grave do aspirante.

As solicitudes poderán presentarse nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos cen

tros hospitalarios ou centros de xestión de atención primaria no prazo sinalado.

Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata o día inmediato anterior ó da data de publicación da convocatoria.

A acreditación dos méritos alegados, que deberán inescusablemente achegarse dentro do prazo de presentación de solicitudes, requirirá a incorporación de documentos auténticos, sen prexuízo da posible compulsa que, sobre as copias fotoestáticas deles, sexa realizada polo persoal competente. Non será necesaria a achega de documentos acreditativos, tanto de requisitos coma de méritos, que constan xa no expediente do aspirante por figurar na anterior convocatoria do pacto na mesma categoría.

Cada aspirante a nomeamentos, do carácter que sexa, solicitará a súa inclusión nunha única lista e área de xestión sanitaria. No suposto de que se detecten duplicidades a través dos mecanismos de control, excluiranse inmediatamente os aspirantes incursos nelas, indicándose no modelo normalizado de solicitude, de modo claro e inequívoco, a aplicación de tal medida.

No caso de acceso a postos de traballo incluídos na relación de postos de traballo da Lei 17/1989, os interesados en optar a nomeamentos de persoal interino na correspondente clase dentro da escala de saúde pública e Administración sanitaria farano constar na cuadrícula específica da solicitude, das categorías estatutarias da mesma titulación. Para a ordenación da lista especial terase en conta a puntuación acreditada por tódolos méritos baremables que serviron para confecciona-la lista xeral, á que se engadirá, de se-lo caso, a puntuación que se derive das probas superadas da fase de oposición para o acceso ós devanditos postos funcionariais. A puntuación pola superación destas probas será a mesma que a asignada para as OPE vehiculadas polo Sergas. En todo caso non serán acumulables as fases de oposición das dúas OPE, avaliándose exclusivamente unha delas.

6. Elaboración das listas.

A convocatoria para a selección dos aspirantes será realizada pola Administración exclusivamente de conformidade cos criterios de selección contidos neste pacto, establecéndose unha orde de puntuación dos aspirantes. Sen embargo daráselles oportuna información do proceso seguido para a confección delas ás comisións provinciais de seguimento, cando estas o soliciten.

Rematado o proceso, as listas provisionais publicaranse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e dos centros asistenciais dependentes delas, que incluirán relación dos aspirantes admitidos e dos excluídos, coas puntuacións obtidas, establecéndose dese xeito unha orde de prelación e as causas de exclusión correspondentes.

As listas provisionais publicaranse por categorías e áreas de xestión sanitaria coas especialidades que se recollen na disposición décimo segunda deste pacto.

Os interesados poderán formular, no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do seguinte ó da data de publicación, reclamación perante a dirección provincial do Sergas que proceda.

Resoltas as reclamacións, publicaranse as listas definitivas nos mesmos lugares que as anteriores. Contra as listas definitivas os aspirantes poderán presentar perante a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde recurso de alzada previo ó contencioso-administrativo, no prazo dun mes contado desde a data seguinte á da súa publicación.

Polo que respecta á formalización dos vínculos temporais e co fin de acredita-la situación de desemprego, os aspirantes deberán presenta-la tarxeta de emprego do Inem no momento de realiza-la citada formalización.

De prorrogarse a vixencia deste pacto, vehicularase unha nova oferta para a selección dos aspirantes ás vinculacións temporais durante o último trimestre de cada ano natural que corresponda (que se efectuará, de producirse, a partir do último trimestre do ano 2001 e sucesivos anos).

Ademais da convocatoria ou convocatorias xerais poderá facerse unha nova oferta para o acceso dos aspirantes ás vinculacións temporais nos supostos de que se esgoten os aspirantes dunha lista das categorías existentes, ou de que se inclúa unha nova categoría obxecto de selección no ámbito de aplicación do pacto.

No caso de indispoñibilidade de aspirantes, a nova lista, que será subsidiaria da principal, confeccionarase a través dun procedemento simplificado no que se valorará exclusivamente a formación académica dos aspirantes, provéndose, en tanto, as vinculacións urxentes a través da utilización das listas das áreas de xestión máis próximas.

Para os efectos do previsto no parágrafo anterior considéranse áreas de xestión máis próximas as que se determinan, respecto de cada área concreta, no anexo I deste pacto.

No segundo caso de creación dunha categoría elaborarase de conformidade coas normas xerais, disposicións especiais e criterios de selección previstos neste pacto, ora coa aplicación do baremo xeral, de se tratar de persoal non sanitario, ora tendo en conta outro baremo de categoría asimilable.

7. Xestión das listas.

A xestión das listas cos chamamentos dos aspirantes levarase a cabo nas direccións provinciais do Sergas, a través dun proceso informatizado deseñado nos servicios centrais do organismo, respecto de tódalas categorías incluídas neste pacto. Emporiso, as xerencias de atención primaria poderán exercer tal cometido respecto ó persoal facultativo de medicina de familia, odontólogos e pediatras ou puericultores verbo dos distintos ámbitos da súa competencia.

Para efectua-los chamamentos seguirase rigorosamente a orde de puntuación acreditada polos aspirantes en cada ámbito.

Para a formalización de nomeamentos de duración igual ou superior ó ano terase en conta sempre e, por tanto, chamarase o aspirante que acredite a maior puntuación na lista da área sanitaria que corresponda, sempre que non estea xa vinculado por un nomeamento desas características.

De acordo co anterior, cando un aspirante figura con dereito preferente, pola puntuación que acredite, para ocupar unha praza vacante con carácter interino ou para formalizar outro vínculo de duración prevista igual ou superior ó ano, e se atope vinculado por un nomeamento de duración inferior, será requirido para ocupa-la citada praza vacante ou para formalizar outra vinculación de duración igual ou superior ó ano.

Cando as circunstancias o aconsellen, polo momento, inmediatez e perentoriedade para efectua-lo chamamento dun aspirante, os centros de atención especializada e de atención primaria efectuarán directamente tal chamamento, con respecto absoluto dos criterios de selección previstos neste pacto. Para tal efecto, a dirección provincial correspondente dará cumprida información da situación e estado das listas, coa explicitación da orde de chamamento dos aspirantes, coordinando axeitadamente o proceso cos centros sanitarios.

Para as vinculacións programadas, e sempre que exista prazo considerado suficiente, os aspirantes serán avisados mediante carta ou telegrama. No resto dos supostos nos que exista premura na vinculación avisarase telefonicamente.

En todo caso, quedará constancia da data e hora na que cada aspirante sexa requirido, mediante dilixencia estendida para o efecto, levándose un libro de rexistro das chamadas efectuadas.

De constatarse un erro material ou de feito no chamamento e posterior vinculación temporal executado a prol dun aspirante que pola súa orde de puntuación non lle corresponde, procederase, no prazo dos 15 días seguintes, á revogación do nomeamento expedido por tal circunstancia. De tal actuación notificarase coa maior brevidade posible á comisión provincial de seguimento correspondente.

A determinación das necesidades de vinculación compételles ós directores xerentes dos respectivos centros sanitarios, de acordo coas súas competencias de xestión normativamente recoñecidas, sen prexuízo da preceptiva información sobre os nomeamentos efectuados, que periodicamente debe facilitarse ás xuntas de persoal de área, nos termos recoñecidos no artigo 9 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas (BOE nº 145, do 18 de xuño), e así mesmo nos artigos concordantes da Lei orgánica 11/1985, de liberdade sindical.

As comisións provinciais de seguimento tamén poderán pedírlle-la citada información ós directores xerentes, que deberán facilitala nun prazo razoable.

8. Duración dos vínculos formalizados.

Os aspirantes que acrediten un período de vinculación de 12 meses ou superior, desde a vixencia da medida prevista no mesmo punto do pacto anteriormente vixente do 28 de febreiro de 1997 (DOG do 10 de marzo) -a partir do día 20 de xaneiro de 1996- non serán chamados para subscribir novos vínculos de duración inferior a un ano nun período de catro meses, contado desde a data en que se cumpriran os aludidos 12 ou máis meses de vinculación. Suspenderase a aplicación da medida durante os períodos de tempo en que, por razóns conxunturais, non existan profesionais suficientes nalgunha lista e área sanitaria.

Tal medida non será aplicable ás vinculacións en praza vacante ou de duración igual ou superior ó ano, respecto ós que se seguirá indefectiblemente o criterio de estricta prioridade por puntuación, con independencia do período de tempo que prestasen servicios.

Para o fin exposto, os meses contaranse por mes natural de vínculo ou, no seu defecto, por agrupación de días traballados, a razón dun mes por cada 30 días de prestación de servicios.

Sen prexuízo do reflectido nos parágrafos anteriores, coa finalidade de acadar unha maior mobilidade das listas en función das peculiaridades que concorran nalgunha área sanitaria ou provincia, as comisións provinciais poderán propoñer, mediante acordo adoptado de conformidade co previsto na disposición décima deste pacto, o establecemento do sistema que consideren conveniente para consegui-la aludida maior mobilidade das listas.

Tal proposta de sistema só poderá referirse ós vínculos de duración inferior ós 12 meses e requirirá para a súa efectividade a ratificación da comisión central de seguimento.

9. Promoción profesional temporal.

Farase unha reserva do 50% das necesidades para cubrir nos respectivos centros ou complexos sanitarios, nos supostos de formalizacións de vínculos de interinidade en praza vacante e demais que se estimen, inicialmente, de duración igual ou superior a dous meses, para o persoal estatutario fixo con praza en propiedade de igual ou inferior grupo ó da categoría obxecto de vinculación, que leve, alomenos, dous anos en activo como persoal fixo.

De concorre-la circunstancia, debidamente constatada, de que a categoría solicitada para promocionar non exista ou sexa obxecto de oferta reducida no centro de xestión ou complexo do que depende o solicitante, a promoción estenderase á área sanitaria ou o complexo correspondente.

Os aspirantes poderán solicita-la inclusión nas devanditas listas de promoción temporal nos prazos que se determinen en cada convocatoria.

Para este persoal confeccionaranse unhas listas por centro, complexo ou área sanitaria, segundo corresponda, coa mesma vixencia das anteriores e

coa aplicación dos criterios de selección e restantes prescricións establecidas neste pacto. Emporiso, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 30/1999, do 5 de outubro, sobre selección e provisión de prazas de persoal estatutario dos servicios de saúde, no caso de persoal non sanitario non se esixirá o requisito de titulación para o acceso polo sistema de promoción interna ós grupos C e D, ós profesionais que tiveran prestado servicios como persoal estatutario fixo no grupo inmediatamente inferior durante máis de cinco anos, salvo que sexa esixible unha titulación, acreditación ou habilitación profesional específica para o desempeño das novas funcións.

10. Seguimento do pacto.

Para o seguimento do pacto constituiranse unhas comisións paritarias, unha central, con sede nos servicios centrais do Sergas, e unha por provincia, con sede nas direccións provinciais do Sergas, integradas por 10 membros, 5 designados pola Administración e 5 polas centrais sindicais asinantes deste pacto.

A comisión central, sen menoscabo das explicitamente recoñecidas durante este pacto, terá competencias para unifica-los criterios de actuación e interpretación das comisións provinciais. Igualmente, tal órgano resolverá en única instancia as incidencias e controversias de afectación xeral, que se colixan da aplicación do pacto. Así mesmo, coñecerá e tratará sobre os procesos de validación ou aval dos cursos de formación que o requiran, facendo as propostas correspondentes.

As comisións provinciais coñecerán, en única instancia, ademais das cuestións que teñen explicitamente asignadas durante este pacto, tódalas incidencias e reclamacións que se produzan, formulando as propostas de resolución con carácter vinculante que procedan ás direccións provinciais do Sergas para o seu traslado, se é o caso, ós interesados. Así mesmo, exercerán o control da execución dos chamamentos dos aspirantes en todo o seu ámbito.

Os acordos adoptaranse por maioría dos presentes, requiríndose un quórum de 7 membros e sendo decisorio, no caso de empate, o voto do presidente.

A presidencia das comisións corresponderalle a un dos membros designados pola Administración, actuando como secretario destas, con voz e voto, outro dos seus representantes.

As comisións reuniranse, ben con carácter ordinario, unha vez ó trimestre a central, e unha vez ó mes as provinciais; ou ben con carácter extraordinario, nas ocasións en que concorran as circunstancias que o fagan preciso.

A solicitude da convocatoria extraordinaria, na que necesariamente se fixará a orde do día, farase por instancia, cando menos, de dous dos membros da comisión, e cunha antelación mínima de 48 horas.

11. Penalizacións.

A. De non existiren causas xustificadas de renuncia á oferta dun nomeamento, ou ben a un xa formalizado, será penalizado o aspirante, no caso da

primeira renuncia, pasando á fin da lista da súa categoría. De existir unha segunda renuncia inxustificada, excluirase o aspirante incurso nela da lista correspondente.

A penalización acordada por un ou outro motivo terá unha duración dun ano contado desde que a medida se fai efectiva.

A adopción da medida penalizadora seralle notificada ó aspirante afecto con carácter inmediato.

Admitirase renuncia á oferta sen penalización ningunha, sempre que se xustifique de forma suficiente, nos seguintes supostos:

-Servicio militar ou prestación social substitutoria.

-Maternidade ou adopción legal.

-Exercicio de representación sindical.

-Matrimonio.

-Falecemento de familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

-Calquera outra de entidade suficiente que se considere oportuno ó criterio da comisión central de seguimento.

De existiren causas xustificadas de renuncia deberán necesariamente alegarse e acreditarse con anterioridade á data en que o chamamento se produza ou, de non ser posible, no momento en que se rexeita.

De concorreren suspostos de controvesia ou dúbida sobre a causa alegada, a dirección provincial, trala audiencia do interesado no prazo de 10 días hábiles e logo do tratamento e acordo adoptado pola comisión provincial de seguimento do pacto, adoptará a medida procedente asumindo ou rexeitando a causa da renuncia formulada. Nestes casos a medida penalizadora adoptarase cautelarmente, sen menoscabo da súa revogación ulterior, se cabe, co restablecemento da situación do aspirante.

B. Serán excluídos definitivamente da lista os aspirantes que incorresen en incumprimentos graves, tanto derivados da súa calidade de aspirante inscrito na lista, coma do concreto desempeño do posto de traballo.

Considéranse incumprimentos graves tódalas conductas cualificadas como faltas moi graves ou graves no correspondente Estatuto de persoal.

Para facer efectivas as exclusións derivadas dos citados incumprimentos seguirase un procedemento perante a División de Recursos Humanos do Sergas, no que se garanta, en todo caso, a audiencia do interesado.

No devandito procedemento pedirase informe, de xeito preceptivo pero non vinculante, da comisión central de seguimento do pacto.

A División de Recursos Humanos do Sergas, unha vez incoado o procedemento de exclusión, poderá adopta-la medida cautelar consistente na suspensión dos chamamentos do aspirante incurso nel.

Trala ultimación do expediente, a División de Recursos Humanos dictará a resolución que proceda, da que dará traslado ó interesado, con indicación dos recursos administrativos e xurisdiccionais pertinentes.

A citada medida de exclusión tamén poderá ser acordada con carácter adicional á resolución que se adopte nos expedientes disciplinarios incoados por mor da comisión de faltas graves e moi graves.

12. Disposicións especiais.

1. Nos nomeamentos expedidos estipularase un período de proba para os aspirantes, de conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 30/1999, do 5 de outubro, sobre selección e provisión de prazas de persoal estatutario dos servicios de saúde e artigo 5 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 1 de xullo de 1997, pola que se regulan as modalidades de formalización do vínculo do persoal temporal de institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde e demais normas concordantes e complementarias.

Cando un aspirante sexa cesado por non supera-lo período de proba que no nomeamento se estipule quedará automaticamente excluído das listas.

Emporiso, a comisión central de seguimento do pacto poderá excepciona-la aplicación de tal medida de exclusión, de xeito motivado, naqueles casos nos que polas circunstancias concorrentes se considere oportuno.

Os centros sanitarios correspondentes deberán comunicarlle á comisión central de seguimento do pacto, o antes posible, os cesamentos que se produzan por tal motivo e, de existiren, as circunstancias que razoablemente obsten á aplicación da medida de exclusión.

2. Cando sexa preciso cubrir necesidades de vinculación de ATS/DUE que se produzan nas áreas de UCI-reanimación, quirófanos, hemodiálise, transplantes e prematuros-neonatos e, así mesmo, no que respecta ás categorías de persoal adscrito ás unidades de saúde mental, os aspirantes que acrediten experiencia profesional nas citadas áreas ou posúan a especialidade correspondente farano constar no espacio reservado para o efecto nas solicitudes que formulen, achegando, en todo caso, certificación acreditativa da experiencia expedida polo centro sanitario correspondente ou a titulación da especialidade.

O chamamento para tales áreas farase seguindo a orde de prelación da lista e a prol das persoas que acrediten a experiencia ou a especialidade aludidas. Así mesmo, requirirase un informe por escrito do centro sanitario solicitante, no que se fará consta-la área especial da que se trate e maila necesidade de que para esta se designe persoa coa especialidade, de se-lo caso, ou con experiencia acreditada. En todo caso, excluiranse de tal sistema a cobertura das prazas vacantes e as substitucións dunha duración previsible superior a 60 días, que se proverán sempre na forma ordinaria.

3. Igualmente, os centros respectivos poderán propoñer perante as comisións provinciais de seguimento a cobertura especial das necesidades de vinculación doutras áreas de traballo do centro (sexan ou non de carácter sanitario), con independencia das reflectidas no número anterior. Para tal fin o centro correspondente achegará informe debidamente razoado e xustificativo da concreta necesidade da vinculación perante a citada comisión, que resolverá, trala súa análise, sobre a procedencia do chamamento dun aspirante cualificado na área ou servicio de que se trate, e acerca do sistema de efectua-la designación daquel, respectándose sempre a orde de prelación determinada pola puntuación obtida.

En correspondencia co previsto no número anterior, quedarán excluídos de tal sistema a cobertura de prazas vacantes e as de previsible duración superior a 60 días, que se proverán sempre na forma ordinaria.

4. Para a cobertura de determinadas situacións das categorías de persoal estatutario que razoadamente se considere oportuno, consistentes fundamentalmente na cobertura de libranzas, fins de semana, traslados de enfermos en ambulancias, absentismo pendente de xustificación, días de permiso regulamentarios, procesos de IT de curta duración e outras análogas de duración non superior a 5 días, poderá confeccionarse unha lista especial para cada centro ou complexo dentro da lista da categoría correspondente.

Os centros interesados no citado sistema farán a oportuna proposta á comisión central de seguimento do pacto, que resolverá sobor da pertinencia concreta de cada lista e o número de aspirantes que proceda incluír, en atención ás circunstancias concorrentes e ás necesidades reais de vinculación manifestadas por aqueles.

Os aspirantes que soliciten a inclusión na lista especial exercitarán a súa opción consignándoa no epígrafe específico do modelo formalizado da solicitude.

Con estes aspirantes elaborarase unha lista por cada centro ou complexo, cun número determinado de aspirantes que serán chamados para a cobertura deste tipo de situacións pola súa orde de puntuación e de xeito rotatorio. Ademais, poderá elaborarse unha lista de reserva que será utilizada no suposto de esgotamento ou insuficiencia da lista principal.

Co obxecto de favorece-la dispoñibilidade de profesionais, os aspirantes desta lista principal quedarán excluídos da formalización de vínculos inferiores a seis meses.

Os aspirantes deberán permanecer na citada lista principal durante a vixencia de cada convocatoria.

Serán de aplicación ós aspirantes as medidas de penalización e suspensión de chamamentos previstos nos puntos 11 e 8 respectivamente deste pacto.

5. Para a cobertura da atencion urxente extrahospitalaria, nos supostos en que se requira vinculación de profesionais, con carácter temporal, das categorías de médico de familia e ATS/DUE, elaborarase unha lista especial dentro da lista ordinaria desas categorías.

Os aspirantes que figuren nas listas das citadas categorías poderán solicitar voluntariamente a incorporación a esa lista especial que se configurará seguindo o número de orde da lista xeral correspondente. Para tal efecto, farán consta-la súa opción no epígrafe previsto no modelo formalizado de solicitude.

Os profesionais inscritos, por esa orde e de xeito rotatorio, cubrirán as necesidades da atención urxente extrahospitalaria e as demais de carácter temporal que supoñan vinculación dun mes ou período inferior, nos ámbitos territoriais de servicio de atención primaria ou punto de atención continuada (PAC), segundo se determine, en cada caso, no marco da comisión central de seguimento do pacto.

A comisión central de seguimento, con base nas circunstancias configuradoras deses marcos territoriais, necesidades concorrentes e número de aspirantes inscritos, fixará os criterios xerais de concreción, actuación e ordenación dos chamamentos dos aspirantes, para a súa posta en práctica polas xerencias de atención primaria correspondentes. Serán de aplicación ós aspirantes as medidas de penalización e suspensión de chamamentos previstos nos puntos 11 e 8 respectivamente deste pacto.

6. Para poder aspirar ós nomeamentos de médico especialista de pediatría en atención primaria será requisito imprescindible a acreditación do título de especialista en pediatría. Non obtante, no suposto de non existir médico pediatra inscrito nas listas que poida efectua-la cobertura de substitucións ou eventualidades necesariamente inferiores ó ano, poderanse utiliza-los servicios de licenciados en medicina que acrediten o diploma de posgrao en puericultura.

Así, confeccionarase unha lista de médicos xerais que acrediten o diploma de posgrao en puericultura por área de xestión sanitaria, co fin de poder chama-los incluídos nela por orde de puntuación para cubri-las necesidades asistenciais aludidas no parágrafo anterior.

Para a súa baremación teranse en conta os méritos recollidos no baremo de pediatras agás a formación especializada e coa precisión de que a experiencia profesional se refire á acreditada como médicos xerais en prazas de atención primaria.

II. Criterios de selección.

Para efectua-lo proceso de selección de aspirantes e confeciona-las diferentes listas por categoría e área de xestión, tívose en conta a necesidade de artellar un proceso áxil e eficaz con acatamento dos principios de publicidade, mérito, igualdade e capacidade, recollidos con carácter básico na Constitución e, de xeito especial, no artigo 7 da Lei 30/1999,

do 5 de outubro, de selección e provisión de prazas de persoal estatutario dos servicios de saúde.

Con tales fundamentos configúranse os criterios de selección deste pacto que recollen, en puridade, os aspectos básicos dos anteriores.

1. Así, a entidade avaliativa outorgada á fase de oposición baséase nos referentes pretéritos, que xa tiveron en conta a execución do proceso selectivo e aparece recollida de xeito explícito no pacto inmediatamente anterior, por mor da primeira OPE executada polo Servicio Galego de Saúde.

Neste sentido, é preciso salienta-la especial incidencia neste pacto da fase de oposición do proceso selectivo vehiculado polo Sergas, que afecta ás categorías estatutarias incluídas na OPE, formalizadas consonte o Decreto 309/1998, do 6 de novembro, polo que se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos 1998-2000. Igual predicamento daráselle ás OPE que se vehiculen consonte outras disposicións regulamentarias que resulten de aplicación.

O resultado da fase de oposición de cada OPE que a seguir se vaia executando para eses anos ou sucesivos, eliminará o da precedente ou precedentes.

Neste pacto asígnaselles unha importante puntuación ós aspirantes que superasen a citada fase de oposición ou que aprobasen algún exercicio dela. Esta especial relevancia colíxese das características de tal fase, expoñente claro dos principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade que informan o sistema de selección de persoal estatuario recollidos na normativa básica do Sistema Nacional de Saúde, actualmente Lei 30/1999, do 5 de outubro, xa referenciada, como corolario do explicitado no artigo 103 da carta magna.

2. Coa imprescindible atención da anterior premisa, establécese o proceso de selección temporal contido neste pacto. Tal proceso, no que respecta ó persoal sanitario, en todo o seu ámbito, facultativo e sanitario non facultativo, consistirá exclusivamente na aplicación dos baremos de méritos que, para as distintas clases de persoal, se establezan neste pacto.

No relativo ó persoal non sanitario, tendo en conta a especificidade ou complexidade dalgunhas das funcións que van desempeñar determinados profesionais, resulta preciso, respecto de concretas categorías que o integran, realizar unha proba de coñecementos que garanta a idoneidade do profesional para o desempeño da praza ou posto de traballo.

a) Así é o caso dos aspirantes ó grupo técnico superior, técnico e de xestión da función administrativa, e do persoal informático que, ademais de seren puntuados con carácter previo conforme o baremo de méritos, realizarán unha proba de carácter teórico-práctico, que determinará, segundo o perfil ou as características da praza obxecto da cobertura, o director-xerente do centro sanitario coa colaboración da xunta do persoal da área ou, se é o caso,

comisión de centro. Tal proba será executada soamente cando as características e circunstancias da praza obxecto de cobertura o requiran.

b) Os aspirantes ás prazas de carácter técnico ou de oficios, nas categorías de calefactores, electricistas, mecánicos, fontaneiros e cociñeiros realizarán unha proba de aptitude, de carácter práctico, que acredite o dominio necesario do seu oficio.

c) Tamén poderán ser obxecto dunha proba de aptitude de carácter informático os aspirantes á categoría de persoal de servicios xerais, agás aqueles que acreditasen o coñecemento suficiente na área informática, a través de cursos formativos de carácter selectivo debidamente avalados no seo da comisión central de seguimento do pacto.

Da realización das devanditas probas excluiranse os aspirantes que aprobasen a fase de oposición do proceso selectivo do Sergas á que se fixo referencia. Sen embargo, poderán excepcionalmente acordarse para as categorías dos grupos A e B (técnicos superiores, da función administrativa e persoal informático), respecto ás prazas que polas súas características e deseño non pertenzan á rama xurídica nin económica.

Da execución das devanditas probas exceptuarase tamén aquel persoal técnico, de oficios e de servicios xerais que prestase servicios nalgunha institución sanitaria dependente do Sergas, por un período superior a dous meses, ou superase a proba de aptitude executada en aplicación dos pactos anteriores.

As características, o contido e mailo modo de execución das probas será determinado pola comisión central de seguimento, coa excepción das correspondentes ós grupos técnico, xestión e persoal de informática, que son competencia, como xa se indicou, das xerencias dos centros en colaboración coas xuntas de persoal da área ou comisións de centro.

As probas de aptitude para o persoal técnico ou de oficios e de servicios xerais, de carácter eliminatorio, terán unicamente a cualificación de apto ou non apto.

Para os aspirantes declarados aptos na proba, así coma para o resto dos grupos profesionais e categorías, tanto de persoal sanitario coma non sanitario, aplicaranse os baremos de méritos contidos neste pacto, resultantes da suma das puntuacións que por cada epígrafe de méritos se estableza.

3. A puntuación por méritos que acaden os aspirantes determinará a súa orde na lista.

Os empates dirimiranse a prol do aspirante que acredite maior tempo como desempregado total e non subsidiado. De persisti-lo empate ou ben de tratarse de persoal de promoción profesional, resolverase a favor do aspirante de maior idade.

Entre os aspirantes que superasen a fase de oposición do proceso selectivo, os empates resolveranse a prol do que acredite maior puntuación final nesa fase (excepto a valoración da proba da lingua galega).

III . Baremos.

Os baremos confeccionados refírense a grupos e categorías de persoal de características, nalgún caso, notoriamente diversas.

Por iso, tanto na súa estructura coma nas escalas de puntuación resultan diferentes, ó térense en conta circunstancias distintas para a súa elaboración.

1º Baremos de persoal facultativo.

No caso do baremo de médicos de familia, para a confección dos méritos asignables séguese, dalgún xeito, a estructura recollida na Lei 30/1999, de selección e provisión de persoal estatutario que refire no seu artigo 5.4º, que se valorarán como mínimo: o expediente académico, a formación especializada de posgrao, a formación continuada acreditada, a experiencia profesional en centros sanitarios públicos, as actividades docentes científicas e de investigación. Aínda que, ó tratarse este dun baremo para a selección e o acceso de persoal temporal, na súa configuración parece razoable requirir unha maior axilidade e simplificación nesa estructura e textura conformada; por iso cabe preterir aspectos ou actividades como algunha das referidas na norma máis propios dun proceso selectivo de acceso á condición de persoal estatutario fixo, o rigor e a virtualidade do cal debe predicarse sobremaneira. E tamén cabe e pode resultar pertinente ter en conta determinadas circunstancias que parecen

axeitadas na configuración dun proceso de selección temporal.

Así, no epígrafe de formación especializada tívose en conta como norma paradigmática o disposto no artigo 4 do Real decreto 1753/1998, do 31 de xullo, sobre acceso excepcional ó título de médico especialista en medicina familiar e comunitaria, e sobre o exercicio da medicina de familia no Sistema Nacional de Saúde. O citado artigo refire que se valorará a formación especializada polo sistema de residencia en medicina familiar e comunitaria. A puntuación global por este período de formación especializada será equivalente á que se lle asigne ó exercicio profesional como médico de entre seis e oito anos. A equivalencia recollida neste baremo adáptase á realidade do emprego, situación sociolaboral da nosa comunidade e ós cadros de persoal do Sergas.

Tales predicamentos, referidos en sentido amplo á situación de emprego, cos antecedentes, posibilidade de acceso e o seu decurso, tamén tiveron valor no establecemento doutros epígrafes do baremo do persoal médico de familia; así é o caso da situación de desemprego total e non subsidiado que, como circunstancia constatable, afecta a tódalas categorías incluídas no ámbito de aplicación deste pacto, aínda que con distinto grao e intensidade dadas as súas diferentes características. De aí que neste caso se precise unha axeitada ponderación, debidamente cohonestada, co resto dos epígrafes do baremo e coa situación de emprego destes profesionais.

Tamén debe salientarse e, conseguintemente, gozar de certa consideración no baremo, a circunstancia concorrente de xeito continuo en moitos aspirantes, de permanencia nas listas, con plena dis

posición e sen renuncia ou rexeitamento ningún ós chamamentos, asumindo unha descontinuidade no emprego, en moitos casos gravosa, ó longo dos períodos de vixencia dos pactos. Igualmente, tal extremo deberá ser relacionado, cohonestado e subsumido no futuro, coa valoración que se lle pretende outorgar á situación especial de cobertura de curta duración prevista para os profesionais facultativos de atención primaria na disposición especial 12 no seu punto 5, como así se fai constar explicitamente no epígrafe concreto do baremo. Así mesmo, parece razoable valora-la realización con éxito do curso selectivo de nivelación, de carácter teórico-práctico, por determinados profesionais, que serviu para a obtención do título de medicina familiar e comunitaria, de conformidade co disposto na normativa aplicable e o sistema, desas características, previsto na actual normativa para o acceso excepcional á citada titulación; deste xeito saliéntase, non só o esforzo formativo desenvolvido, senón

tamén a maior cualificación colixida deses procesos concretos.

Os demais aspectos baremables xa tiveron reflexo nos anteriores pactos, con parangonable entidade, ora no caso da formación académica, ora no da formación continuada.

No baremo de psicólogos estase a segui-lo disposto no Real decreto 2490/1998, do 20 de novembro polo el que se crea e regula o título oficial de psicólogo especialista en psicoloxía clínica que, asemade, esixe o título de psicólogo especialista en psicoloxía clínica para o desempeño de postos de traballo en institucións públicas ou privadas. Neste sentido parece razoable recoller unha estructura do baremo similar á dos médicos de familia pola maior similitude dos profesionais psicólogos con esa categoría, sen prexuízo da exclusión de diversos aspectos baremables para os médicos -exclusivos deles- que non poden ter predicamento para os profesionais psicólogos.

2º Baremo ATS/DUE.

Por mor do contido xa explicitado do artigo 5.4º da nova Lei 30/1999, do 5 de outubro, de selección e provisión de prazas de persoal estatutario, debe valorarse a formación especializada de posgrao para os profesionais ATS/DUE como un dos aspectos que integran a estructura do seu baremo. Por tal dictado, parece razoable outorgarlles maior relevancia -respecto á existente nos baremos dos anteriores pactos- a esa formación especializada desenvolvida e acreditada por estes profesionais nas especialidades que teñen, neste momento virtualidade e as que no futuro se vaian desenvolvendo.

3º No resto dos baremos non se seguiu a estructura e as escalas de puntuación aludidas anteriormente, ó non existi-la formación especializada ou posgraduada, que nos casos anteriormente reflectidos resulta en cambio de obrigada observancia e moi relevante, e mereceren, polo contrario, outros aspectos unha puntuación máis elevada.

Valorouse notablemente a experiencia profesional en tódolos baremos por ser indubidable a súa transcendencia.

Tamén, como se explicitou nos parágrafos relativos á exposición dos criterios de selección, se valorou de xeito notable o ter superada a fase de oposición do proceso selectivo do Sergas ou algún exercicio desta, con outorgamento da puntuación máxima susceptible de acadar pola aludida experiencia profesional.

4º Desemprego.

Déuselle certa importancia ó período acreditado de desemprego, ó implicar unha incidencia grande na xeneralidade das categorías obxecto de cobertura de persoal sanitario non facultativo, non sanitario, coa engádega da súa valoración neste pacto para a categoría de persoal facultativo, adaptada ás súas características. A puntuación neste epígrafe ponderouse con relación á asignada nos epígrafes anteriores sinalados, na procura de atinxi-lo baremo máis equilibrado posible e atento á verdadeira virtualidade dos distintos epígrafes que o conforman.

5º Formación continua.

Respecto a este epígrafe, foron considerados de xeito importante para tódalas categorías os cursos de formación e perfeccionamento, pola relevancia da formación continuada para tódalas categorías de persoal que desenvolve o seu cometido nas nosas institucións sanitarias; e considerando igualmente a transcendencia que tradicionalmente se lle ten dado a tales procesos formativos, con especial predicamento na actualidade, someténdoos ó conseguinte control que procure, ora acadar unha maior calidade, ora perfecciona-lo seu contido de xeito real e cada vez mellor cohonestado coas necesidades asistenciais ou de apoio.

Nestes procesos formativos establécense en tódolos casos uns requisitos rigorosos e solventes para a súa avaliación e, ademais, para os que o requiren especialmente por mor do seu necesario aval polo Sergas, dáse a necesaria publicidade dos requisitos esixidos, co obxecto de que sexa dable permiti-la garantía, entidade e maila calidade destes cursos, e a preterición, no posible, dos que sexan pouco relevantes ou, incluso, falaces, nalgún caso.

-Aval polo Sergas:

Os criterios que rexerán para o aval polo Sergas, á que se refire o epígrafe de formación continua dos distintos baremos, serán os seguintes:

I. O contido dos programas de formación deberá ser adecuado ás funcións da categoría estatutaria do aspirante, de acordo coas normas estatutarias correspondentes. Por isto, a achega do programa do curso coas materias impartidas e os destinatarios serán requisitos imprescindibles para a súa valoración.

II. No relativo ós profesionais formadores, necesariamente deberá acreditarse a posesión da titulación axeitada ó curso que imparten, así como un breve currículum.

III. Os diplomas que se expidan deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición, así como claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, a denominación deste, a categoría destinataria, a localidade e o programa do curso debidamente pormenorizado no reverso.

IV. Os diplomas deberán ir acompañados do documento que acredite que o curso foi avalado polo Sergas, para poderen ser tidos en conta.

V. A comisión central de seguimento do pacto de vinculacións temporais poderá solicitarlles ás entidades que impartan os cursos toda aquela documentación complementaria que considere precisa para o seu correcto aval.

VI. A realización dunha nova edición dun curso que xa tivera outorgado aval requirirá nova solicitude achegando toda a documentación correspondente.

VII. De constatarse algunha inexactitude, omisión ou ocultación nos procesos das accións formativas, poderán tomarse medidas de carácter suspensivo ou incluso de exclusión nos supostos que sexa preciso.

Recóllense tamén como novidade os cursos de persoal sanitario acreditados pola comisión nacional para a formación continua que, para estes efectos, xa vén actuando e os que no futuro se acrediten pola que se conforme no marco territorial desta Comunidade Autónoma de acordo co Decreto 8/2000 (DOG nº 17, do 26 de xaneiro). Mentres tal sistema acreditador non estea plenamente en funcionamento e abranga tódalas categorías de persoal estatutario convivirá, de xeito transitorio, co sistema de aval previsto neste pacto.

Parece razoable, nesta liña de actuación fixada, adapta-los baremos ós criterios xerais de acreditación da formación sanitaria acadados pola comisión nacional de formación continua, constituída en virtude do Convenio de Conferencia Sectorial do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde sobre formación continuada das profesións sanitarias, así como a súa estructura e o cómputo a través de créditos horarios e non por tramos como na actualidade foron confeccionados. Agora ben, tamén resulta ineludible establecer un réxime transitorio para a aplicación de tal medida que respecte a realidade dos procesos formativos vehiculados ata a data consonte o sistema vixente, para non menoscabar tanto as organizacións ou entidades formadoras coma os aspirantes receptores dela. Por iso, as novas estructuras do baremo só terán predicamento a partir da segunda oferta executada consonte o novo pacto. En consecuencia, na primeira convocatoria que se formalice neste ano para o acceso de

aspirantes, seguirán a estar vixentes a estructura dos baremos de formación continuada recollidos para cada categoría profesional no anterior pacto do 28 de febreiro de 1997 (DOG nº 47, do 10 de marzo).

Tamén cabe resaltar, como novidade respecto ó sistema anterior na liña establecida pola citada comisión nacional, que a partir da segunda oferta vehiculada en aplicación deste pacto, aqueles aspirantes

que tiveran acreditada a puntuación máxima polo epígrafe de formación continua, verán diminuído nun 0,20 tal puntuación en cada oferta anual que se vaia executando. A finalidade desta medida é procurar que se reacredite permanentemente a formación continua dos aspirantes e que, en última instancia, sexa verdadeiramente continuada para a súa óptima posta ó día. Tal puntuación máxima poderá ser completada coa formación que se acredite no último ano.

Ademais, para o persoal non sanitario valoraranse aspectos de formación que parecen importantes, como é o caso da titulación específica pensada, sobre todo, para o persoal de oficios.

6º Promoción profesional temporal.

Finalmente, no que respecta ó persoal de promoción profesional por imperativo do disposto no artigo 9 da Lei 30/1999, do 5 de outubro, de selección e provisión de prazas de persoal estatutario dos servicios de saúde, requírese necesariamente para acceder por esta quenda dous anos de antigüidade como persoal fixo; e tamén, segundo o dictado desa norma, se facilita a promoción ós grupos C e D de persoal non sanitario, sen esixencia de titulación, ós profesionais con máis de cinco anos de servicio.

Nos baremos para os profesionais que accedan por esta quenda especial valóranse tódolos aspectos que resultan baremables para o persoal que acceda pola quenda ordinaria, coa exclusión, obviamente, do período de tempo en situación de desemprego total e non subsidiado que se substitúe pola acreditación de servicios prestados na súa praza como estatutario fixo nos centros ou complexos sanitarios onde se achen destinados.

Cuestións específicas que se terán en conta na baremación:

Desemprego e formación continuada:

A situación de desemprego, así como a formación continuada, valoraranse a partir da obtención da titulación habilitadora para o desempeño da praza á que se opte (licenciatura ou especialidade, diplomatura, formación profesional ou equivalente).

Promoción profesional:

Ó persoal de promoción profesional aplicaráselle a totalidade dos méritos contidos nos baremos correspondentes á categoría á que opten, agás o referente ó tempo de desemprego, que será substituído pola antigüidade acreditada na categoría que desempeña en propiedade no centro sanitario onde presta servicios.

As puntuacións serán idénticas ás asignadas, no epígrafe correspondente de cada un dos baremos, ó tempo acreditado por desemprego total non subsidiado.

Réxime de homologación dos coñecementos de lingua galega:

O grao de iniciación á lingua galega ten o seguinte réxime de homologación:

-En bacharelato (incluído COU):

Un ano cursado e aprobado da materia de lingua galega.

-En formación profesional:

Un ano cursado e aprobado da materia de lingua galega.

-Na universidade:

Un ano cursado e aprobado de lingua galega.

O grao de perfeccionamento de lingua galega ten o seguinte réxime de homologación:

-En bacharelato:

Dous anos cursados e aprobados da materia de lingua galega (incluído COU).

-En formación profesional:

Tres anos cursados e aprobados da materia de lingua galega.

-Na universidade:

Dous anos cursados e aprobados da materia de lingua galega.

Os certificados de homologación serán expedidos no caso do bacharelato e da formación profesional polos propios servicios administrativos dos centros onde se cursaron os estudios, logo de solicitude dos interesados.

No caso dos estudios universitarios, o certificado será solicitado polos interesados á Dirección Xeral de Política Lingüística, órgano competente para tal acreditación.

Normativa aplicable:

-Orde do 25 de abril de 1989, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 101, do 29 de maio).

-Orde do 19 de xaneiro de 1989, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 27, do 8 de febreiro).

Baremo de persoal facultativo: médicos de familia

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos neste epígrafe será de 3,5 puntos.

1. Estudios de licenciatura:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

* A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

* Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2. Posgrao (a puntuación máxima acadable nesta alínea será de 1 punto):

Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

Premio extraordinario: 0,75 puntos.

Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento ou do 3º ciclo: 0,25 puntos

3. Grao de doutor: 1,5 puntos.

* A puntuación máxima acadada polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nas alíneas 2 e 3 será de 1,5 puntos.

Soamente se valorarán para os efectos deste epígrafe os expedientes académicos e as titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

II. Formación continuada.

A. Primeira convocatoria formalizada no ano 2000:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 4 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina e colexios oficiais de médicos, ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría de médico de atención primaria, a razón de:

-Duración de 40-100 horas: 0,10 puntos.

-Duración de 101-250 horas: 0,20 puntos.

-Duración de 251-450 horas: 0,40 puntos.

-Duracion de 451 en diante: 1,20 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas ou no plan de formación continua do Sergas terán a seguinte valoración:

-Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

-Duración de 61 en diante: 1 punto.

A acreditación dos cursos: deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolmento dos cursos estea feita conforme unha disposición normativa que regule as súas características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

B. Segunda convocatoria e seguintes:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 4 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do

Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do médico de familia na atención primaria de saúde.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do médico de familia na atención primaria de saúde.

c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do médico de familia na atención primaria de saúde.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

Actualización da formación: a aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 4 puntos neste epígrafe de formación aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e as puntuacións anteriores.

Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conter: a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, a acreditación pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia nos cursos da primeira alínea.

Agás cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estea feita conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia a el (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

C. Cursos incluídos no programa docente da especialidade:

Non serán valorados os cursos realizados durante a especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade corrrespondente.

III. Outras actividades.

Aspirantes que tiveran superado as probas de acceso para a obtención pola vía excepcional do título de especialista en medicina familiar e comunitaria,

en virtude dos sistemas dispostos, ora no Real decreto 264/1989, do 10 de febreiro, ora no Real decreto 1753/1998, do 31 de xullo: 1 punto.

IV. Formación especializada.

1. Os aspirantes que, para a obtención do título de médico especialista, cumprisen o período completo de formación como médico residente do programa MIR:

a) MIR en medicina familiar e comunitaria: 7 puntos.

b) MIR especialista en medicina interna: 3 puntos.

c) MIR especialista noutras especialidades: 1,5 puntos por especialidade.

2. Aspirantes que tiveran superada a convocatoria nacional para optar a prazas do programa MIR e non cumprisen o período completo de formación como médico especialista de medicina familiar e comunitaria. Por cada ano completo como residente: 0,6 puntos.

O máximo de puntuación polo conxunto deste epígrafe de formación especializada será de 12 puntos.

V. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 12 puntos.

1. Polos servicios prestados no ámbito da atención primaria, como médico especialista en medicina familiar e comunitaria, médico xeral, médico titular, médico dos servicios normais ou especiais de urxencias, médico dos servicios de urxencias hospitalarias e de unidades de hospitalización a domicilio en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde; polos servicios prestados como inspector médico e na clase de licenciados en medicina e cirurxía da escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria. Por cada mes completo: 0,083 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,04 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país de la UE: 0,02 puntos.

2. Aspirantes que desempeñaron praza noutras especialidades médicas:

-Por cada mes completo de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde: 0,04 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,02 puntos.

-Por cada mes completo de servicios prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,01puntos.

3. Médicos axudantes de cotas cirúrxicas: por cada mes completo de servicios prestados: 0,04 puntos.

Non poderán valorarse simultaneamente os servicios prestados en dous ou máis epígrafes se o son en postos incompatibles entre si, de conformidade coa normativa vixente para estes efectos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse coa achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do facultativo; así, e igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como facultativo.

Os servicios prestados en institucións sanitarias, tanto públicas coma privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

VI. Dispoñibilidade para vinculacións temporais de curta duración no Sergas.

Aqueles aspirantes que figuren nas listas de selección temporal do Sergas na categoría de médico sen teren sido penalizados e que tivesen formalizado cando menos un vínculo por unha duración dun mes ou trinta días ó longo de cada ano: por cada ano completo nos últimos cinco anos: 0,6 puntos por ano, ata un máximo de 3 puntos.

Non lles será puntuada a dispoñibilidade a aqueles aspirantes que tiveran vínculos dun ano ou superior duración polo período de tempo dese/s nomeamento/s ou contrato/s.

Para a puntuación por este epígrafe requirirase a solicitude dos aspirantes da súa inclusión na futura lista especial para a cobertura de atención continuada nos PAC no momento en que tal sistema se poña en marcha.

A puntuación prevista por cada ano, sumada á puntuación polo epígrafe de experiencia profesional acreditada polo aspirante nese mesmo ano, non superará 1 punto por ano.

VII. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 1,5 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 0,5 puntos .

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa presentación do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VIII. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima desta alínea é de 1 punto.

Baremo de odontólogos

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos deste epígrafe será de 5 puntos.

1. Estudios de licenciatura:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

* A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

* No caso dos odontólogos realizarase este cómputo coas notas da licenciatura de odontoloxía. No caso de médicos-odontólogos realizarase coas materias de licenciatura de medicina e as de odontoloxía; e no caso de médicos-estomatólogos coas de medicina e estomatoloxía.

* En calquera caso non se valorarán as materias de relixión, educación física e formación política.

2. Posgrao: (a puntuación máxima acadable nesta alínea será de 1 punto).

Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

Premio extraordinario: 0,75 puntos.

Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento do 3º ciclo: 0,25 puntos en total.

3. Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima acadada polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nas alíneas 2 e 3 será de 1,5 puntos.

Soamente se valorarán para os efectos deste epígrafe os expedientes académicos e as titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

II. Formación continuada.

A. Primeira convocatoria formalizada no ano 2000:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina e colexios oficiais de odontólogos ou de médicos, ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado cos aspectos preventivos da patoloxía bucodental ou con programas de intervención comunitaria, a razón de:

-Duración de 40-100 horas: 1 punto.

-Duración de 101-250 horas: 2 puntos.

-Duración de 251-450 horas: 3 puntos.

-Duracion de 451 en diante: 5 puntos.

A acreditación dos cursos: deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as súas características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

B. Segunda convocatoria e seguintes:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do odontólogo na atención primaria de saúde.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de odontólogos ou de médicos, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado cos aspectos preventivos da patoloxía bucodental ou con programas de intervención comunitaria.

c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

Actualización da formación: a aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 5 puntos neste epígrafe de formación, aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e as puntuacións anteriores.

Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conter: a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa

impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, a acreditación pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia nos cursos da primeira alínea.

Agás cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia a el (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 18 puntos.

a) Por cada mes completo de servicios prestados como odontólogo ou estomatólogo, en institucións sanitarias xestionadas polo Sergas ou dependentes do Sistema Nacional de Saúde: 0,25 puntos.

b) Por cada mes completo de servicios prestados como odontólogo ou estomatólogo noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,10 puntos.

c) Pola permanencia na lista especial (norma xeral 12 punto 4 do pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada ano ou a puntuación que lle corresponda por cada fracción.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

IV. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto.

Baremo de psicólogos clínicos

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos neste epígrafe será de 3,5 puntos.

1. Estudios de licenciatura:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

* A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

* Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2. Posgrao (a puntuación máxima acadable nesta alínea será de 1 punto).

Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

Premio extraordinario: 0,75 puntos.

Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento ou do 3º ciclo: 0,25 puntos en total.

3. Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima acadada polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nas alíneas 2 e 3 será de 1,5 puntos.

Soamente se valorarán para efectos deste epígrafe os expedientes académicos e as titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

II. Formación continuada.

A. Primeira convocatoria formalizada no ano 2000:

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Real Academia de Medicina e colexios oficiais de médicos ou psicólogos, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta: unha puntuación máxima de 5 puntos, a razón de:

-Duración de 20-40 horas: 0,30 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 0,75 puntos.

-Duración de 61-200 horas: 1,25 puntos.

-Duración de 201 en diante: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no plan de formación continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

-Duración de 20-40 horas: 0,40 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 1 punto.

-Duración de 61 en diante: 1,5 puntos.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regula as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficiente a certificación de asistencia (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

B. Segunda convocatoria e seguintes:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 4 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

b) Cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos ou psicólogos, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

c) Cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

Actualización da formación: a aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 4 puntos neste epígrafe de formación aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e as puntuacións anteriores.

Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conter: a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, a acreditación pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia nos cursos da primeira alínea.

Agás cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia a el (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

III. Formación especializada.

Formación como psicólogo interno residente: puntuación máxima 7 puntos.

a) Por ter completado o período de formación como psicólogo interno residente: 7 puntos.

b) Aspirantes que tiveran superada a convocatoria nacional para optaren a prazas do programa PIR e non cumpriran o período completo de formación. Por cada ano completo como residente: 0,6 puntos.

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 12 puntos.

Aspirantes que desempeñasen praza de psicólogo clínico:

a) Por cada mes completo de servicios prestados como psicólogo en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde: 0,083 puntos.

b) Por cada mes completo de servicios prestados como psicólogo noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,04 puntos.

c) Por cada mes completo de servicios prestados como psicólogo en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,02 puntos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse coa achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do facultativo; así, e igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotización como facultativo.

Os servicios prestados en institucións sanitarias, tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

V. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 1,5 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 0,5 puntos.

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa presentación do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VI. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto.

Baremo pediatras

I. Formación académica (máximo 3 puntos).

1. Estudios de licenciatura:

-Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

-Cada sobresaliente: 1 punto.

-Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias da carreira, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2. Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

-Premio extraordinario: 0,75 puntos.

-Cursos monográficos de doutoramento ou de 3º ciclo: 0,25 puntos.

(Máximo 1 punto polas tres alíneas anteriores).

3. Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima dos puntos 2 e 3 é de 1,5 puntos.

II. Formación especializada (máximo 7 puntos).

1. Aspirantes que se encontren en posesión do título de especialista en pediatría expedido ou homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia: 2 puntos.

2. Aspirantes que cumprisen o período completo de formación na especialidade de pediatría como residentes do programa MIR, ou que cumprisen nesa especialidade o período completo de formación como residentes nun centro estranxeiro, con programa recoñecido de docencia para posgraduados na especialidade e coa titulación de especialista validada polo Ministerio de Educación e Ciencia: 5 puntos.

III. Experiencia profesional (máximo 7 puntos).

1. Por cada mes completo de servicios prestados como pediatra en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde: 0,08 puntos.

2. Por cada mes completo de servicios prestados como pediatra noutras institucións sanitarias públicas: 0,04 puntos.

3. Por cada mes completo de servicios prestados como pediatra en institucións sanitarias privadas: 0,02 puntos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse por achega de certificación da empresa na que se faga consta-la categoría, duración e xornada do facultativo pediatra; así, e igualmente, presentarase informe do órgano corres

pondente da Seguridade Social de cotización como facultativo pediatra.

IV. Outros méritos (máximo 3 puntos).

A. Primeira convocatoria do ano 2000:

Pola asistencia debidamente acreditada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina e colexios oficiais de médicos ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coa atención pediátrica ou a atención primaria de saúde, a razón de:

-De 40-100 horas: 0,10 puntos.

-De 101-300 horas: 0,20 puntos.

-De 301-500 horas: 0,40 puntos.

-De 501 en diante: 1,20 puntos.

Formación continuada das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditadas, ou no plan de formación continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

-De 20-40 horas: 0,20 puntos.

-De 41-60 horas: 0,40 puntos.

-De 61 en diante: 1 punto.

Acreditación dos cursos: deberá conte-la sinatura do órgano convocante e/ou do pofesional responsable que o imparta. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais deles, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude) a este.

B. Segunda convocatoria e seguintes:

Pola asistencia debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias do médico de familia ou atención primaria de saúde.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina, colexios oficiais de médicos, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da atención primaria de saúde.

c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

Actualización da formación: a aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 4 puntos neste epígrafe de formación aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e as puntuacións anteriores.

Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conter: a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, a acreditación pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia nos cursos da primeira alínea. Agás cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia a el (con expresión, de se-lo o caso, da cualificación de aptitude).

C. Non serán valorados os cursos realizados durante a especialización que estean incluídos no programa docente da especialidade corrrespondente.

V. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

(Máximo 1 punto).

Médicos xerais co diploma de puericultor.

No que respecta ós médicos xerais que acrediten o diploma de posgraduado de puericultura, teranse en conta os méritos anteriormente descritos con exclusión, obviamente, da formación especializada e coa precisión de que a experiencia profesional se refire á acreditada como médicos xerais en prazas de atención pediátrica.

Baremo de ATS/DUE

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde.

a) Os exercicios da fase de oposición vehiculada polo Sergas consonte o Decreto 309/1998, do 6 de

novembro, polo que se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos 1998-2000.

b) No caso de optar pola lista especial de postos de subinspector e de enfermeira/o da escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria aplicaráselle o previsto no último parágrafo da norma quinta deste pacto.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos deste epígrafe será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado da citada fase, agás o de lingua galega, 9 puntos.

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 2 puntos.

1. Estudios de diplomatura de ATS/DUE.

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Cada sobresaliente: 1 punto.

Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idiomas, relixión, formación política e educación física.

2. Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

Soamente se valorarán para efectos deste epígrafe os expedientes académicos e as titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

III. Formación continuada.

A. Primeira convocatoria formalizada no ano 2000:

A puntuación máxima deste epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella e colexios oficiais de enfermería ou avalados en debida forma polo Sergas sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta, a razón de:

-Duración de 40-100 horas: 0,30 puntos.

-Duración de 101-200 horas: 0,75 puntos.

-Duración de 201-500 horas: 1,25 puntos.

-Duración de 501 en diante: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas,

ou no plan de formación continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

-Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

-Duración de 61 en diante: 1 punto.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regula as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior sendo documento suficiente a certificación de asistencia (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

B. Segunda convocatoria e seguintes:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios oficiais de enfermería, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

c) Cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

Actualización da formación: a aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 5 puntos neste epígrafe de formación aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e as puntuacións.

Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conter: a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, a acreditación pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia nos cursos da primeira alínea. Agás cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia a el (con expresión, de se-lo o caso, da cualificación de aptitude).

IV. Formación especializada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 4 puntos.

Polo título ou diploma dunha especialidade de enfermería que recoñeza a normativa vixente, expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia: 2 puntos.

V. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 18 puntos.

1. Por cada mes completo de servicios prestados en institucións da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde como ATS/DUE ou servicios prestados como subinspector médico ou da clase de ATS/DUE da escala de saúde pública e Administración sanitaria: 0,25 puntos.

2. Por cada mes completo de servicios prestados como ATS/DUE en institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,10 puntos.

3. Por cada mes completo de servicios prestados como ATS/DUE en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,05 puntos.

4. Pola permanencia na lista especial (disposición 12 puntos 4 e 5 dos supostos especiais deste pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada ano, ou a puntuación proporcional para cada fracción cun máximo de 6 puntos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse coa achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do ATS/DUE e, igualmente,

achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como ATS/DUE.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas coma privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

VI. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa achega do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VII. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto.

Baremo de matronas

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde.

Os exercicios da fase de oposición vehiculada polo Sergas consonte o Decreto 309/1998, do 6 de novembro, polo que se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos 1998-2000.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos deste epígrafe será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado da citada fase, agás o de lingua galega, 9 puntos.

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 2 puntos.

1. Estudios de diplomatura de ATS/DUE, asistencia obstétrica xinecolóxica (matrona).

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idiomas, relixión, formación política e educación física.

2. Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

Soamente se valorarán para os efectos deste epígrafe os expedientes académicos e as titulacións obtidos en España ou noutro país da UE.

III. Formación continuada.

A. Primeira convocatoria formalizada no ano 2000:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella e colexios oficiais de enfermería ou avalados en debida forma polo Sergas sempre que estes teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta, a razón de:

-Duración de 40-100 horas: 0,30 puntos.

-Duración de 101-200 horas: 0,75 puntos.

-Duración de 201-500 horas: 1,25 puntos.

-Duración de 501 en diante: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no plan de formación continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

-Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

-Duración de 61 en diante: 1 punto.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regula as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficiente a certificación de asistencia (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

B. Segunda convocatoria e seguintes:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Auto

nómica de Galicia sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias dunha matrona.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, univesidades, Inem, Cruz Vermella, colexios oficiais de enfermería, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría.

c) Cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

Actualización da formación: a aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 5 puntos neste epígrafe de formación aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e as puntuacións anteriores.

Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, a acreditación pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia nos cursos da primeira alínea. Agás cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia a el (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 18 puntos.

1. Por cada mes completo de servicios prestados en institucións da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde como matrona: 0,25 puntos.

2. Por cada mes completo de servicios prestados como matrona noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,10 puntos.

3. Por cada mes completo de servicios prestados como matrona en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,05 puntos.

4. Pola permanencia na lista especial (disposición 12 puntos 4 e 5 deste pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada ano ou puntuación correspondente por cada fracción ata un máximo de 6 puntos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada da matrona e, igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como matrona.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas coma privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

V. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa presentación do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VI. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto.

Baremo de fisioterapeutas

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde.

Os exercicios da fase de oposición vehiculada polo Sergas consonte o Decreto 309/1998, do 6 de novembro, polo que se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos 1998-2000.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos deste epígrafe será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado da citada fase, agás o de lingua galega, 9 puntos.

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 2 puntos.

1. Estudios de fisioterapeuta ou diplomados en fisioterapia:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idiomas, relixión, formación política e educación física.

2. Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

Soamente se valorarán para efectos deste epígrafe os expedientes académicos e as titulacións obtidos en España ou noutro país da UE.

III. Formación continuada.

A. Primeira convocatoria formalizada no ano 2000:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, colexios oficiais de fisioterapeutas ou de enfermería, Inem e Cruz Vermella, ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

-Duración de 40-100 horas: 0,30 puntos.

-Duración de 101-200 horas: 0,75 puntos.

-Duración de 201-500 horas: 1,25 puntos.

-Duración de 501 en diante: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no plan de formación continuada do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coa categoría á que se opta, terán a seguinte valoración:

-Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

-Duración de 61 en diante: 1 punto.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia ó mesmo (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

B. Segunda convocatoria e seguintes:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal autonómica, universidades, colexios oficiais de fisioterapeutas ou de enfermería, Inem, Cruz Vermella, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

Actualización da formación: a aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 5 puntos neste epígrafe de formación aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e as puntuacións anteriores.

Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conter: a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización,

o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, a acreditación pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia nos cursos da primeira alínea. Agás cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia a el (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 18 puntos.

1. Por cada mes completo de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde como fisioterapeuta: 0, 25 puntos.

2. Por cada mes completo de servicios prestados como fisioterapeuta noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,10 puntos.

3. Por cada mes completo de servicios prestados como fisioterapeuta en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,05 puntos.

4. Pola permanencia na lista especial (norma 12, punto 4 dos supostos especiais deste pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada pacto ata un máximo de 6 ou puntuación proporcional.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse coa achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do fisioterapeuta e, igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotización como fisioterapeuta.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

V. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa presentación do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VI. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto.

Baremo de técnicos especialistas

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde.

Os exercicios da fase de oposición vehiculada polo Sergas consonte o Decreto 309/1998, do 6 de novembro, polo que se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos 1998-2000.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos deste epígrafe será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado da citada fase, agás o de lingua galega, 9 puntos.

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 1,5 puntos.

Estudios de técnico especialista de formación profesional de 2º grao, rama sanitaria da especialidade de que se trate, no caso de que o expediente académico teña cualificacións individualizadas por cada disciplina (non se consideran como materias valorables as de relixión, formación política, formación física e idiomas),

Por cada sobresaliente: 1,5 puntos.

Por cada notable: 1 punto.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Para a avaliación das materias utilizarase a seguinte táboa de equivalencias:

Sobresaliente: 9 puntos.

Notable: 7 puntos.

Ben: 6 puntos.

Suficiente: 5 puntos.

Soamente se valorarán para efectos deste epígrafe os expedientes académicos e as titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

III. Formación continuada.

A. Primeira convocatoria formalizada no ano 2000:

A puntuación máxima posible para cada aspirante, polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe, será de 5 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem e Cruz Vermella, ou avalados en debida forma polo Servicio Galego de Saúde, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

-Duración de 30-60 horas: 0,30 puntos.

-Duración de 61-100 horas: 0,75 puntos.

-Duración de 101-200 horas: 1,25 puntos.

-Duración de 201-200 horas: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no plan de formación continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

-Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

-Duración de 61 en diante: 1 punto.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

B. Segunda convocatoria e seguintes:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe, será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou

no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

Actualización da formación: a aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 5 puntos neste epígrafe de formación aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e as puntuacións anteriores.

Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conter: a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, a acreditación pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia nos cursos da primeira alínea. Agás cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia a el (con expresión, de se-lo o caso, da cualificación de aptitude).

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 18 puntos.

1. Por cada mes completo de servicios prestados como técnico especialista en institucións da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde: 0,25 puntos.

2. Por cada mes completo de servicios prestados como técnico especialista noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,10 puntos.

3. Por cada mes completo de servicios prestados como técnico especialista en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,05 puntos.

4. Pola permanencia na lista especial (norma xeral 12 punto 4 deste pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada pacto ata un máximo de 6 puntos ou puntuación proporcional.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do ser

vicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do técnico especialista e, igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como técnico especialista.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da Unión Europea, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

V. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa achega do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VI. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto.

Baremo de hixienistas dentais

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde.

Os exercicios da fase de oposición vehiculada polo Sergas consonte o Decreto 309/1998, do 6 de novembro, polo que se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos 1998-2000.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos neste epígrafe será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado da citada fase, agás o de lingua galega, 9 puntos.

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 1,5 puntos.

Estudios de técnico especialista de formación profesional de 2º grao, rama sanitaria da especialidade de hixienista dental no caso de que o expediente académico teña cualificacións individualizadas por

cada disciplina (non se consideran como materias valorables as de relixión, formación política, formación física e idiomas),

Por cada sobresaliente: 1,5 puntos.

Por cada notable: 1 punto.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Para a avaliación das materias utilizarase a seguinte táboa de equivalencias:

Sobresaliente: 9 puntos.

Notable: 7 puntos.

Ben: 6 puntos.

Suficiente: 5 puntos.

Ciclo superior de hixienistas dentais: só se valorarán aqueles módulos que superen a cualificación de cinco. A suma total da puntuación de tódolos módulos avaliables dividirase polo número total de módulos do ciclo.

Soamente se valorarán para efectos deste epígrafe os expedientes académicos e as titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

III. Formación continuada.

A. Primeira convocatoria formalizada no ano 2000:

A puntuación máxima posible para cada aspirante, polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe, será de 5 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem e Cruz Vermella, ou avalados en debida forma polo Servicio Galego de Saúde, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

-Duración de 30-60 horas: 0,30 puntos.

-Duración de 61-100 horas: 0,75 puntos.

-Duración de 101-200 horas: 1,25 puntos.

-Duración de 201-200 horas: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no plan de formación continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

-Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

-Duración de 61 en diante: 1 punto.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

B. Segunda convocatoria e seguintes:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

Actualización da formación: a aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 5 puntos neste epígrafe de formación aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e as puntuacións anteriores.

Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conter: a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, a acreditación pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia nos cursos da primeira alínea. Agás cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes

a certificación de asistencia a el (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 18 puntos.

1. Por cada mes completo de servicios prestados como hixienista dental en institucións da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde: 0,25 puntos.

2. Por cada mes completo de servicios prestados como hixienista dental noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,10 puntos.

3. Por cada mes completo de servicios prestados como hixienista dental en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,05 puntos.

4. Pola permanencia na lista especial (norma xeral 12 punto 4 deste pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por ano ou puntuación proporcional por cada fracción, ata un máximo de 6 puntos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse coa achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do técnico especialista e, igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como técnico especialista.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da Unión Europea, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

V. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa achega do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VI. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto.

Baremo de auxiliares de enfermería

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde.

Os exercicios da fase de oposición vehiculada polo Sergas consonte o Decreto 309/1998, do 6 de novembro, polo que se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos 1998-2000.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos deste epígrafe será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado da citada fase, agás o de lingua galega, 9 puntos.

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 1,5 puntos.

Estudios de formación profesional de primeiro grao, rama sanitaria:

Cada curso con cualificación de sobresaliente na área de coñecementos tecnolóxicos e prácticos: 1,5 puntos.

Cada curso con cualificación de notable, na área de coñecementos tecnolóxicos e prácticos: 1 punto.

No suposto de que as cualificacións non veñan especificadas por áreas de coñecemento, as disciplinas que se avaliarán serán as seguintes:

Por cada sobresaliente: 9 puntos.

Por cada notable: 7 puntos.

Neste suposto, as materias que se avaliarán serán:

Tecnoloxía.

Prácticas.

Técnicas de expresión gráfica.

Non se computarán aquelas materias que poidan estar validadas.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas.

Para a avaliación das materias utilizaranse as seguintes equivalencias:

Sobresaliente: 9 puntos.

Notable: 7 puntos.

Ben: 6 puntos.

Suficiente: 5 puntos.

Ciclo superior de técnico en coidados de enfermería: só se valorarán aqueles módulos que superen a cualificación de cinco. A suma total da puntuación

de tódolos módulos avaliables dividirase polo número total de módulos do ciclo.

Soamente se valorarán para efectos deste epígrafe os expedientes académicos e as titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

III. Formación continuada.

A. Primeira convocatoria formalizada no ano 2000:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem e Cruz Vermella, ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta, a razón de:

-Duración de 30-60 horas: 0,30 puntos.

-Duración de 61-100 horas: 0,75 puntos.

-Duración de 101-200 horas: 1,25 puntos.

-Duración de 201 en diante: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coa categoría á que se opta, terán a seguinte valoración:

-Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

-Duración de 61 en diante: 1 punto.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolmento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

B. Segunda convocatoria e seguintes:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

Actualización da formación: a aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 5 puntos neste epígrafe de formación aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e as puntuacións anteriores.

Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conter: a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, a acreditación pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia nos cursos da primeira alínea. Agás cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia a el (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 18 puntos.

1. Por cada mes completo de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde como auxiliar de clínica ou auxiliar de enfermería: 0,25 puntos.

2. Por cada mes completo de servicios prestados como auxiliar de clínica ou auxiliar de enfermería noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,10 puntos.

3. Por cada mes completo de servicios prestados como auxiliar de clínica ou auxiliar de enfermería en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,05 puntos.

4. Pola permanencia na lista especial (norma xeral 12 punto 4 deste pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada ano ou puntuación proporcional por cada fracción, con máximo de 6 puntos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse coa achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do auxiliar de enfermería e, igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como auxiliar de enfermería.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da Unión Europea, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

V. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa presentación do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VI. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto.

Baremo de logopedas

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde.

Os exercicios da fase de oposición vehiculada polo Sergas consonte o Decreto 309/1998, do 6 de novembro, polo que se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos 1998-2000.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos deste epígrafe será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado da citada fase, agás o de lingua galega, 9 puntos.

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 2 puntos.

Diplomado en logopedia ou especialización homologada:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idiomas, relixión, formación política e educación física.

Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

Soamente se valorarán para os efectos deste epígrafe os expedientes académicos e as titulacións obtidos en España ou noutro país da UE.

III. Formación continuada.

A. Primeira convocatoria formalizada no ano 2000:

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella e colexios profesionais ou avalados en debida forma polo Sergas sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta, unha puntuación máxima de 5 puntos, a razón de:

-Duración de 20-40 horas: 0,30 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 0,75 puntos.

-Duración de 61-200 horas: 1,25 puntos.

-Duración de 201 en diante: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coa categoría á que se opta, terán a seguinte valoración:

-Duración de 20-40 horas: 0,40 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 1 punto.

-Duración de 61 en adiante: 1,5 puntos.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regula as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficiente a certificación de asistencia (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

B. Segunda convocatoria e seguintes:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a:

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, colexios oficiais, Inem, Cruz Vermella, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

c) Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

Actualización da formación: a aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 5 puntos neste epígrafe de formación aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e as puntuacións anteriores.

Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conter: a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, a acreditación pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia nos cursos da primeira alínea. Agás cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe

no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia a el (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 18 puntos.

1. Por cada mes completo de servicios prestados como logopeda en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde como logopeda: 0,25 puntos.

2. Por cada mes completo de servicios prestados como logopeda noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,10 puntos.

3. Por cada mes completo de servicios prestados como logopeda en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,05 puntos

4. Pola permanencia na lista especial (punto 4 dos supostos especiais deste pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada pacto na puntuación que corresponde por período fraccionado, ata un máximo de 6 puntos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse coa achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do logopeda e, igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como logopeda.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

V. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa presentación do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VI. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto.

Baremo de persoal non sanitario

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde.

1º Os exercicios da fase de oposición vehiculada polo Sergas consonte o Decreto 309/1998, do 6 de novembro, polo que se regulan os procesos de selección para o acceso a prazas de persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Sergas coa aprobación das OPE para os anos 1998-2000.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos deste epígrafe será de 18 puntos

Por cada exercicio aprobado da citada fase excepto o de lingua galega:

a) Grupos A e B: 6 puntos (máximo 3 exercicios).

b) Grupos C, D, E: 9 puntos (máximo 2 exercicios).

2º Ás categorías de persoal non sanitario que non foron obxecto de OPE vehiculada polo Sergas aplicaráselles o previsto na norma 2ª deste pacto no seu punto 3º.

II. Formación académica e continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 7 puntos.

a) Formación académica.

1. Pola titulación específica relacionada coa praza á que se opta, sexa ou non título habilitador para o seu desempeño: 4 puntos.

2. Para as categorías integrantes dos grupos A e B, incluídas no ámbito de aplicación do Estatuto de persoal non sanitario, valorarase o expediente académico relativo ó título ou a diplomatura que se acredite para acceder á praza solicitada, cun máximo de 3 puntos a razón de:

Grupos A e B:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Grupo A:

Grao de doutor: 1,5 puntos.

Grupo B:

Por premio fin de carreira: 1,5 puntos.

Soamente se valorarán para os efectos deste epígrafe os expedientes académicos e as titulacións obtidos en España ou noutros país da Unión Europea.

b) Formación continua.

1. Primeira convocatoria formalizada no ano 2000:

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella e colexios profesionais ou avalados en debida forma polo Sergas sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta, unha puntuación máxima de 5 puntos, a razón de:

-Duración de 20-40 horas: 0,30 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 0,75 puntos.

-Duración de 61-200 horas: 1,25 puntos.

-Duración de 201 en diante: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no plan de formación continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

-Duración de 20-40 horas: 0,40 puntos.

-Duración de 41-60 horas: 1 punto.

-Duración de 61 en diante: 1,5 puntos.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regula as súas características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficiente a certificación de asistencia (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

2. Segunda convocatoria e seguintes:

Pola asistencia debidamente xustificada a: (puntuación máxima de 5 puntos).

a) Cursos de formación e perfeccionamento acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios pro

fesionais, organizacións sindicais ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

c) Cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditativas, ou no plan de formación continua do Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta.

Duración:

Menos de 20 horas: 0,011 puntos por hora.

De 21 a 40 horas: 0,010 puntos por hora.

De 41 a 80 horas: 0,009 puntos por hora.

De 80 ou máis horas: 0,007 puntos por hora.

Actualización da formación: a aqueles aspirantes que acaden a puntuación máxima de 5 puntos neste epígrafe de formación aplicaráselles unha reducción de 0,20 puntos cada ano. Tal puntuación de 0,20 reservarase para barema-los cursos realizados no ano anterior á data da convocatoria, de acordo cos tramos e as puntuacións anteriores.

Tódolos cursos obxecto de baremación deberán conter: a sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido e maila localidade onde foi impartido. Se é o caso, a acreditación pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica de Galicia nos cursos da primeira alínea. Agás cando a convocatoria e o desenvolvemento dos cursos estean feitos conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia a el (con expresión, de se-lo caso, da cualificación de aptitude).

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 18 puntos.

1. Por cada mes completo de servicios prestados na mesma categoría á que se opte en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional de Saúde: 0,25 puntos.

2. Por cada mes completo de servicios prestados na mesma categoría á que se opte noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,10 puntos.

3. Por cada mes completo de servicios prestados na mesma categoría á que se opte en institucións sanitarias privadas ou en institucións públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,05 puntos.

4. Por cada mes completo de servicios prestados na mesma categoría á que se opta, en empresas de carácter privado españolas ou dun país da Unión Europea: 0,025 puntos.

Para a categoría de persoal de servicios xerais valoraranse, ademais dos desenvolvidos nesta concreta categoría, os desenvolvidos na de auxiliar da función administrativa, celador e telefonista. As referidas puntuacións en cada un dos puntos anteriores son:

1) Auxiliar administrativo: 0,20 puntos.

Celador e telefonista: 0,15 puntos.

2) Auxiliar administrativo: 0,08 puntos.

Celador e telefonista: 0,06 puntos.

3) Auxiliar administrativo: 0,04 puntos.

Celador e telefonista: 0,03 puntos.

4) Auxiliar administrativo: 0,020 puntos.

Celador e telefonista: 0,015 puntos.

5. Pola permanencia na lista especial (norma xeral 12 punto 4 dos supostos especiais deste pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivera virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada ano ou puntuación proporcional por cada fracción ata un máximo de 6 puntos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse coa achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do persoal non sanitario e, igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como tal persoal.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas dalgún país integrante da Unión Europea, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

IV. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste epígrafe será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa presentación do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

V. Coñecementos da lingua galega.

a) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

b) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 1 punto.

En proba da súa conformidade, asinan esta resolución, por octuplicado exemplar, na data indicada no encabezamento.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos

Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO I

A) Provincia da Coruña:

-Área sanitaria da Coruña.

Áreas máis próximas:

* Ferrol.

* Santiago de Compostela.

-Área sanitaria de Ferrol.

Áreas máis próximas:

* A Coruña.

* Burela.

-Área sanitaria de Santiago de Compostela.

Áreas máis próximas:

* A Coruña.

* Pontevedra (norte).

B) Provincia de Lugo:

-Área sanitaria de Burela.

Áreas máis próximas:

* Lugo.

* Ferrol.

-Área sanitaria de Lugo.

Áreas máis próximas:

* Burela.

* Monforte de Lemos.

-Área sanitaria de Monforte de Lemos.

Áreas máis próximas:

* Lugo.

* O Barco de Valdeorras.

C) Provincia de Ourense:

-Área sanitaria de Ourense.

Áreas máis próximas:

* O Barco de Valdeorras.

* Pontevedra sur.

-Área sanitaria do Barco de Valdeorras.

Área máis próxima:

* Área de Ourense.

D) Provincia de Pontevedra:

-Área de Pontevedra norte.

Áreas máis próximas:

* Santiago de Compostela.

* Pontevedra sur.

-Área de Pontevedra sur.

Área máis próximas:

* Pontevedra norte.