Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.479

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 566/1998, do 25 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0004241/1995, interposto por Baldomero Alonso Martínez, Ricardo Alonso Martínez, Manuel

Santiago Alonso Comerma, Ricardo Alonso Comerma, Juan Alonso Comerma, José María Jurado Alonso e María de los Ángeles Jurado Alonso, contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 29 de xullo de 1993 (BOP do 22 de outubro), e desestimación presunta dos recursos de alzada formulados ante a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 18 de novembro de 1993, sobre aprobación do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello da Guarda (Pontevedra), dictouse a sentencia 566/1998, do 25 de xuño, agora firme, pola que se estimaba parcialmente o dito recurso.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia 566/1998, do 25 de xuño, que a seguir se transcribe:

«Resolvemos: estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Baldomero Alonso Martínez, Ricardo Alonso Martínez, Manuel Santiago Alonso Comerma, Ricardo Alonso Comerma, Juan Alonso Comerma, José María Jurado Alonso e María de los Ángeles Jurado Alonso, contra a desestimación presunta por silencio administrativo por parte da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, dos recursos ordinarios deducidos contra a resolución da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra do 29 de xullo de 1993, que aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello da Guarda, acto que anulamos como non axustado a dereito no único extremo en que lle incorpora ó documento a lista de elementos obxecto de protección do patrimonio histórico artístico achegado polos representantes da Consellería de Cultura; e desestimamos este recurso en todo o demais».

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda