Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.479

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de febreiro de 2000 pola que se dispón o cumprimento da sentencia 1036/1999, dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Vista a sentencia dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 1036/1999, do 6 de outubro, recaída no recurso contencioso-administrativo número 01/0000961/1995, interposto por Fermina Yáñez Izquierdo, contra a resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 9 de

marzo de 1995, sendo o seu pronunciamento do seguinte teor:

«Decidimos: que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso administrativo deducido por Fermina Yáñez Izquierdo, contra resolución do director xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia do nove de marzo de mil novecentos noventa e cinco, desestimatoria de recurso ordinario contra resolución do un de febreiro de mil novecentos noventa e cinco na que se publicaba a puntuación definitiva na fase de concurso do procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de xuño de 1994, no particular correspondente ó corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de tecnoloxía administrativa, e, en consecuencia, debemos anular e anulámo-los ditos actos administrativos en canto puntuaron con 0,200 as licenciaturas diferentes á de ciencias empresariais como mérito correspondente a título de licenciado distinto do alegado para ingreso no corpo previsto no anexo I, 3.4 da orde de convocatoria; e como derivación de tal anulación declarámo-la

procedencia de incluír a aquí recorrente na relación dos aspirantes seleccionados para ingreso no corpo de referencia, determinando a Administración o posto concreto que á citada lle corresponda, segundo os dictados da presente sentencia na relación de mención...».

Na súa virtude, ó se-la devandita sentencia firme, e de acordo co disposto no artigo 103 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956 e na disposición transitoria cuarta da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

DISPÓN:

Que se cumpra nos seus propios termos a referida sentencia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria