Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.469

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de febreiro de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A adecuación do cadro de persoal dos centros docentes existentes ó número de alumnos matriculados e a superficie deles, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do once de febreiro de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación de dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do once de febreiro de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública