Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.469

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de xaneiro de 2000 pola que se fixan as normas xerais de pesca en augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 21, do martes 1 de febreiro de 2000).

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG do 1 de febreiro de 2000, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 1.286, no artigo 11º.-Pesca sen morte.

Onde di: «Tódalas capturas deberán ser devoltas á auga despois da súa extracción», debe dicir: «Tódalas capturas deberán ser devoltas inmediatamente á auga despois da súa extracción».

Na páxina 1.287, no anexo I, principais masas de auga habitadas por salmón:

Onde di:

RíoLímite superiorLímite inferior

UllaPonte romana de Ponte Ledesma (Vila de Cruces e Boqueixón)

Debe dicir:

RíoLímite superiorLímite inferior

UllaDesembocadura do río Lañas e a súa prolongación imaxinaria á marxe esquerda (Touro e Vila de Cruces)

Na páxina 1.288, no réxime especial de encoros e lagoas da provincia de Lugo:

-No encoro de Belesar, nas súas características, hai que engadi-lo texto: «engados vexetais».

-No encoro de Montefurado, nas súas características, hai que engadi-lo texto: «todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra».