Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 498/1999 (I).

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; trascorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que estimen oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 498/99.

Acta Inf. nº 358/99 (I).

Empresa: Oza Bergantiños, S.L.

Responsables solidarios: Altra de Construcción, S.L. e Inversiones 3290, S.L.

NIF/DNI: B-15.582.679.

Enderezo: Estrella, 21, entreplanta. Carballo (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Xustificantes de recepción.-Audiencia ós interesados.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña