Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador C-2/1999 en materia de espectáculos taurinos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción da Lei 10/1991,

do 4 de abril, sobre potestades administrativas en materia de espectáculos taurinos, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial nº 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva.

Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita en Fernando Macías 18-1º, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: E. taurinos C-2/1999.

Denunciado: Francisco Barranco Martos.

DNI: 26.121.075.

Enderezo: Palma, nº 7-3º I, Madrid.

Infracción: revenda non autorizada de localidades da feira taurina da Coruña os días 5 e 6 de agosto de 1999.

Precepto infrinxido: 15 n) da Lei 10/1991.

Precepto sancionador: 18.1º a) da Lei 10/1991.

Multa: 55.000 ptas.