Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (218/1999 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial nº 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita en Fernando Macías 18-1º, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

Denunciado

DNI/CIF

Enderezo

Establecemento

Precepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

218/1999Manuel García Ojea e Jesús Martínez González, C.B.B-33.809.545r/ Linneo, 7-baixo, Sta. Cristina (Oleiros)Cafetería Kachanchara26 e) LO 1/199228 LO 1/199250.000 ptas.

268/1999Miguel Ángel Díaz Gómez33.327.967r/ Montrove-Sta. Cruz de Liáns, 1-1º (Oleiros)Cactus26 e) LO 1/199228 LO 1/1992Sobreser

282/1999Fatna AkadilX-1298074-TAvda. de Fisterra, 4-6, 4 esquerda (Carballo)Pon Pon 126 e) LO 1/199228 LO 1/199240.000 ptas.

287/1999Rafael López Prado33.290.508r/ Cruxa, 1-local 5 (Ames)Café bar Boulevard26 e) LO 1/199228 LO 1/199210.000 ptas.