Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.401

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de febreiro de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de febreiro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos termos que se sinalan nos anexos ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de febreiro de 2000, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Consellería da Presidencia e Administración Pública

Na relación de postos de traballo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 212, do 3 de novembro de 1999, prodúcense as seguintes modificacións:

Creacións:

Persoal funcionario:

Na páxina 12.873:

-No centro de destino SECRETARÍA XERAL DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO, engádense os seguintes postos de traballo de nova creación:

Código do posto: PR.P11.00.000.15770.0015.

Denominación: AUXILIAR ADMINISTRATIVO.

Vacante: SI.

Nivel: 12.

Complemento específico: 451.800.

Tipo posto: N.

Forma provisión: C.

Grupo: D.

Corpo/escala: XERAL.

Código do posto: PR.P11.00.000.15770.0016.

Denominación: AUXILIAR ADMINISTRATIVO.

Vacante: SI.

Nivel: 12.

Complemento específico: 451.800.

Tipo posto: N.

Forma provisión: C.

Grupo: D.

Corpo/escala: XERAL.

Código do posto: PR.P11.00.000.15770.0023.

Denominación: SUBALTERNO.

Vacante: SI.

Nivel: 10.

Complemento específico: 417.048.

Tipo posto: N.

Forma provisión: C.

Grupo: E.

Corpo/escala: XERAL.

-No centro de destino S. X. DE XESTIÓN, engádese o seguinte posto de traballo de nova creación:

Código do posto: PR.P11.00.002.15770.002.

Denominación: SECRETARIO/A DO/A SUBDIRECTOR/A.

Vacante: SI.

Nivel: 16.

Complemento específico: 525.340.

Tipo posto: N.

Forma provisión: C.

Grupo: CD.

Corpo/escala: XERAL.

Formación específica: 001.

ANEXO II

Consellería da Presidencia e Administración Pública

Na relación de postos de traballo da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 244, do 18 de decembro de 1998, prodúcense as seguintes modificacións:

Modificacións:

Persoal funcionario:

Na páxina 13.513, no centro de destino SECRETARÍA XERAL PARA AS RELACIÓNS COS MEDIOS INFORMATIVOS:

-O posto de traballo PR.P07.00.000.15770.026. XEFE SECCIÓN ESTUDIOS, cambia de código e denominación pasando a ser PR.C02.00.004.15770.028. XEFE SECCIÓN SEGURIDADE NO TRABALLO por pasar a depender da SUBDIRECCIÓN XERAL DE SERVICIOS da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 27-11-1995, páx. 8.699).

-O posto de traballo PR.P07.00.000.15770.029. XEFE NEGOCIADO II, cambia de código e denominación pasando a ser PR.C02.00.003.15770.003. XEFE NEGOCIADO ASUNTOS XERAIS por pasar a dependerda VICESECRETARÍA XERAL da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 27-11-1995, páx. 8.699).