Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.389

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de febreiro de 2000 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de decembro de 1998 aprobou o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (1999-2001), que está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais e que ten como misión fundamental potencia-lo sistema ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia para convertelo nun elemento estratéxico ó servicio do desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Dentro dos programas tecnolóxicos horizontais figura o Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións; este programa resulta de gran interese para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación empresarial en Galicia, tanto desde o punto de vista das tecnoloxías das comunicacións como do desenvolvemento de ferramentas multimedia. Con este programa preténdese contibuír a que Galicia entre de cheo no que se adoita denomina-la sociedade da información, e que resulta especialmente importante no contexto da globalización económica actual.

A xestión deste programa está encomendada á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, en coordinación coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

En consecuencia e para pór en marcha os instrumentos previstos no plan para a execución dos seus programas, e neste caso concreto para a execución do Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, e como continuación das accións realizadas no ano 1999,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Anúnciase a convocatoria das axudas e bolsas que a continuación se indican, como instrumentos ordinarios do Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións e apróbanse e fanse públicas as bases polas que se rexerán as respectivas con

vocatorias que se inclúen como anexos desta orde, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia:

1. Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en tecnoloxías da información e das comunicacións (anexo I).

2. Axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial en tecnoloxías da información e das comunicacións. (anexo II).

3. Bolsas para realizar estudios de terceiro ciclo en programas de doutoramento relacionados co Programa de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións do Plan Galego de IDT (anexo III).

Artigo 2º

Para a concesión das axudas convocadas no anexo I desta orde a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento destinará ata un máximo de 70.000.000. de ptas. que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2000 a 2002, de acordo coa seguinte distribución:

Aplicación: 04.07.432A.740.0

Ano 2000: 40.000.000 de ptas.

Ano 2001: 20.000.0000 de ptas.

Ano 2002: 10.000.000 de ptas.

Para as axudas convocadas no anexo II destinarase ata un máximo de 65.000.000 de ptas. que se imputarán á aplicación orzamentaria 04.07.432A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2000 a 2002, de acordo coa seguinte distribución:

Aplicación: 04.07.432A.770.0

Ano 2000: 50.000.000 de ptas.

Ano 2001: 10.000.0000 de ptas.

Ano 2002: 5.000.000 de ptas.

Non obstante, no caso das actuacións ás que se refire o punto 3, letra b), do anexo II as cantidades que deban percibi-las institucións públicas participantes, de acordo co previsto no correspondente contrato de colaboración, poderanse librar directamente á institución pública con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0, prevista para o anexo I desta convocatoria e respectando os límites antes citados.

As bolsas que se citan no anexo III serán obxecto de convocatoria posterior con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos anos 2000 e 2001, fixándose na convocatoria correspondente os fondos destinados a elas.

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos.

Esta convocatoria axustarase ó disposto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), e nas leis, decretos e ordes supletorias de rango nacional.

Artigo 3º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impug

nados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 26 de novembro.

Artigo 4º

Para os efectos establecidos no artigo 42.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 26 de novembro, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de 6 meses, contados a partir do día seguinte á data de peche da respectiva convocatoria.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e o director xeral de Comunicación Social e Audiovisual para que dicten as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.

Jaime Pita VarelaJesús Pérez Varela

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Cultura,

e Administración PúblicaComunicación Social e Turismo

Secretario Xeral de Investigación e Desenvolvemento

Director Xeral de Comunicación Social e Audiovisual

ANEXO I

Axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en tecnoloxías

da información e das comunicacións

Estas axudas teñen como obxectivo contribuír á formación de novos grupos así como prestarlles apoio a aqueles equipos de investigación xa existentes para o desenvolvemento de proxectos de investigación aplicada en tecnoloxías da información e das comunicacións coa finalidade de mellora-lo sector, de acordo coas áreas establecidas no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.

Para os efectos desta convocatoria defínense os seguintes conceptos:

a) Grupo de investigación: conxunto estable de persoas que, baixo a dirección continuada dunha delas, realizan coordinadamente e de forma habitual tarefas de investigación nun reducido número de liñas, afíns ou complementarias.

b) Equipo de investigación: membros dun grupo de investigación que, baixo a dirección dun deles, realizan ou solicitan un proxecto de investigación.

c) Proxecto de investigación coordinado: proxecto de investigación no que participan equipos de investigación que pertencen a grupos de investigación distintos que achegan coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación con ese proxecto.

d) Persoal con vinculación estable: persoal numerario, contratado laboral estable ou outras figuras equivalentes.

e) Persoal con vinculación: persoal con relación laboral ou contractual non estable, bolseiros de predoutoramento ou análogos. Non se considerará como vinculación dispor dunha bolsa de terceiro ciclo ou análoga, excepto naqueles supostos en que así o indiquen as correspondentes bases da convocatoria.

1. Grupos solicitantes.

Para poder participar nesta convocatoria, os investigadores deberán integrarse en grupos que se han de manter, cando menos, durante o período de vixencia da axuda concedida, salvo circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á súa aprobación e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e pola Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual; cada investigador só poderá formar parte dun grupo e cada grupo só poderá presentar unha solicitude nesta convocatoria, non computándose para estes efectos as axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Para os efectos da presente convocatoria, establécense os seguintes tipos de grupos:

1.1. Grupos en formación. Trátase de investigadores que presentan propostas orientadas a crear grupos de investigación para desenvolver novas liñas de investigación aplicada en tecnoloxías da información e as comunicacións, non cubertas por grupos existentes no seu contorno. Tamén poderán constituírse novos grupos en torno a liñas existentes se se alegan razóns circunstanciais de forza maior. No caso de grupos en formación cada grupo só poderá ter un equipo. Os novos grupos deberán cumprir como mínimo as seguintes características de composición:

1.1.1. O grupo terá como mínimo tres membros.

1.1.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

1.1.3. Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo. Para este caso, e só para un deles, admitirase tamén como vinculación ser bolseiro de terceiro ciclo.

1.2. Grupos/equipos consolidados. Trátase de grupos/equipos experimentados como tales e con coherencia interna. Neste caso cada grupo poderá ter máis dun equipo e todos eles deberán ter como mínimo as seguintes características de composición:

1.2.1. O grupo/equipo terá como mínimo tres membros.

1.2.2. O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de catro anos como tal e deberá ter vinculación estable ó organismo ó que pertence.

1.2.3. Outro investigador deberá ser doutor con vinculación ó correspondente organismo e dedicación a tempo completo. No caso de que a súa dedicación non sexa a tempo completo deberá ser substituído por dous investigadores coas mesmas características pero con dedicación a tempo parcial.

Este/es investigador/es e o investigador principal deberán posuír experiencia investigadora afín ou complementaria.

1.2.4. Os restantes membros (mínimo un) deberán ser, como mínimo, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo.

1.2.5. No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo deste incrementarase incorporando, como mínimo, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total catro membros).

1.3. Grupos/equipos de excelencia. Trátase de grupos/equipos consolidados que cumpren unhas condicións mínimas en canto á súa composición e uns criterios preestablecidos de calidade.

1.3.1. Características mínimas de composición:

a) O grupo/equipo terá como mínimo cinco membros.

b) No grupo/equipo deberán figurar un mínimo de tres doutores:

b.1) O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de oito anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo.

b.2) Outro dos investigadores deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de seis anos e tamén con vinculación estable ó organismo.

b.3) Un terceiro doutor con vinculación e dedicación a tempo completo.

c) Os restantes membros (mínimo dous) deberán ser, alomenos, titulados superiores con vinculación e dedicación a tempo completo ó organismo.

d) No caso de que o grupo/equipo teña algún proxecto vixente, para poder solicitar un proxecto nesta convocatoria o tamaño mínimo deste incrementarase incorporando, alomenos, un titulado superior con vinculación e dedicación a tempo completo ó correspondente organismo (en total seis membros).

1.3.2. Criterios de calidade:

Para que o grupo/equipo poida ser considerado de excelencia, o conxunto dos seus membros deberá reunir alomenos catro dos seguintes criterios de calidade:

a) Catro sexenios recoñecidos.

b) Cinco teses de doutoramento dirixidas e lidas.

c) Doce publicacións de prestixio internacional que supoñan unha contribución real e non simple rutina.

d) Dúas patentes nacionais ou internacionais rexistradas.

e) Dirección de seis proxectos competitivos de ámbito nacional ou internacional.

f) Unha presidencia dun comité organizador dun congreso dunha sociedade internacional.

g) Ser membro do comité científico dunha revista de prestixio internacional.

h) Dirección de seis proxectos financiados por empresas.

1.4. Incorporación doutros membros ó grupo/equipo.

Para calquera das modalidades de grupos definidas anteriormente, o tamaño mínimo característico do equipo poderase incrementar, obviamente, por incorporación ó proxecto doutros investigadores, que serán considerados para os efectos de avalia-la viabilidade do proxecto e de determina-lo importe da subvención concedida se cumpren o requisito de que as súas categorías profesionais (titulación, vinculación co organismo, etc.) sexan como mínimo iguais ás que se lle requiren ó membro menos cualificado de tódolos que forman o equipo base. Como investigadores no proxecto solicitado poderán figurar outros titulados superiores sen vinculación, que non serán computados na súa valoración. Tamén poderán incorporarse asesores científicos e colaboradores para accións específicas pertencentes a outros grupos que só serán considerados para os efectos da avaliación científico-técnica do proxecto.

2. Axudas ás que poden opta-los grupos e limitacións que afectan os seus membros.

2.1. Grupos en formación.

2.1.1. Axudas.

Os grupos en formación poderán solicitar unha axuda destinada á realización de actividades encamiñadas á formación do grupo e polo tanto unha axuda que só poderá ser solicitada previamente á obtención dun proxecto de investigación por parte del. A contía máxima desta axuda ascende a un millón de pesetas por ano, para un período de dous anos e só se poderá conceder por unha soa vez.

2.1.2. Limitacións.

a) Non poderán concorrer a estas axudas aqueles grupos que desfrutasen de dous proxectos da modalidade A (equipos de iniciación á investigación) ou dalgún proxecto da modalidade B de convocatorias anteriores da Xunta de Galicia ou proxectos equivalentes doutros organismos, salvo circunstancias excepcionais que deberán ser debidamente acreditadas na correspondente solicitude.

b) Non poderán participar na presente convocatoria aqueles grupos que resultasen beneficiarios dun proxecto da modalidade A (Programa de Pro

moción Xeral da Investigación) ou dun proxecto de calquera programa do Plan Galego de IDT, de dous ou máis anos de duración, na convocatoria do ano 1999.

c) Os grupos en formación, e polo tanto os seus membros, mentres desfruten dunha axuda concedida ó amparo desta convocatoria, non poderán dispor (ou participar) doutro proxecto, independentemente de cal sexa a orixe do seu financiamento. Para os efectos desta convocatoria, non se contabilizará a participación dos membros do grupo noutros proxectos vixentes concedidos previamente, agás os indicados na letra b), sempre que non sexan os seus investigadores principais.

2.2. Grupos/equipos consolidados.

2.2.1. Axudas.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar dous tipos de axudas debendo optar nesta convocatoria por só unha delas:

a) Incentivos.

Os grupos/equipos consolidados que nas convocatorias do ano 1999 obtiveran un proxecto aplicado do Plan Nacional relativo a tecnoloxías da información e das comunicacións (non se consideran os proxectos financiados con fondos FEDER, concedidos ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro), ou do Programa Marco Europeo poderán solicitar, en lugar de proxecto de investigación, por cada un dos proxectos obtidos e vixentes, unha axuda destinada a reforza-la capacidade competitiva do grupo. O importe máximo desta axuda, que abranguerá como máximo un período de tres anos, será de tres millóns no caso de proxectos do Plan Nacional e de cinco millóns no caso do Programa Marco e só se poderá conceder unha vez por cada proxecto.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos consolidados poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de catorce millóns de pesetas para un período de tres anos. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e das esixencias da investigación proposta, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no número 4 das presentes bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos, poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que achegan coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado, requirirase un mínimo de dous investigadores a saber:

-O responsable de cada subproxecto deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de catro anos como tal e deberá ter vinculación estable ó organismo ó que pertence. Un deles será o coordinador do proxecto.

-Os restantes membros de cada subproxecto (mínimo un), deberán ser, como mínimo, titulados supe

riores con vinculación a tempo completo ó correspondente organismo.

2.2.2. Limitacións.

Os investigadores con vinculación estable ó correspondente organismo que figuren no proxecto, poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas seguintes limitacións, computando o proxecto solicitado:

a) Se teñen unha antigüidade como doutores de catorce ou máis anos e vinculación estable poderán participar nun máximo de catro proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous se é a tempo parcial.

b) Se teñen unha antigüidade como doutores entre dez e trece anos e vinculación estable poderán participar nun máximo de tres proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e en dous se é a tempo parcial.

c) Se teñen unha antigüidade como doutores entre catro e nove anos e vinculación estable poderán participar nun máximo de dous proxectos de investigación se a súa dedicación é a tempo completo ó correspondente organismo e nun se a dedicación é a tempo parcial.

Os restantes membros do grupo/equipo non incluídos nalgunha das letras anteriores só poderán participar no proxecto que se solicita.

Ningún grupo/equipo consolidado poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa cun proxecto do programa de promoción xeral da investigación do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria, exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2001, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.3. Grupos/equipos de excelencia.

2.3.1. Axudas.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar dous tipos de axudas, debendo optar nesta convocatoria por só unha delas:

a) Incentivos.

Trátase do mesmo tipo de axudas descritas no parágrafo 2.2.1.a) para os grupos/equipos consolidados e coas mesmas características e limitacións agás que neste caso poderán ascender ata un máximo de catro millóns para proxectos do Plan Nacional e seis millóns para proxectos do Programa Marco.

b) Proxectos de investigación.

Os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar un proxecto de investigación dun importe máximo de dezaoito millóns de pesetas para un período de tres anos. Dentro deste límite o financiamento será concedido en función da natureza do proxecto e esixencias da investigación presentada, a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do grupo e a duración do proxecto.

A axuda solicitada deberase referir a algún dos conceptos que se indican no punto 4 das presentes bases.

Co fin de favorece-la cooperación entre grupos poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de grupos que acheguen coñecementos de campos diferentes pero que son complementarios en relación co proxecto. Para cada un dos subproxectos que integran o proxecto coordinado, requirirase que os seus membros cumpran as condicións establecidas para os grupos de excelencia, podendo prescindirse dun dos investigadores que se indican no parágrafo 1.3.1.

2.3.2. Limitacións.

Os investigadores doutores con vinculación estable ó correspondente organismo, que figuren no proxecto poderán participar simultaneamente noutros proxectos de investigación coas mesmas limitacións que as descritas para os grupos consolidados no parágrafo 2.2.2.

Ningún grupo/equipo de excelencia poderá ter vixente máis dun proxecto financiado con cargo ó Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións do Plan Galego de IDT, pero si poderá simultanear un proxecto do dito programa cun proxecto do programa de promoción xeral da investigación do plan sempre que cumpra as limitacións específicas descritas anteriormente.

Con carácter transitorio e para os efectos desta convocatoria, exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do Programa Marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional que rematen antes do 1 de xaneiro de 2001, os proxectos concedidos con fondos FEDER ó abeiro do Decreto 309/1997, do 25 de setembro, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

2.4. Outras axudas: axudas para solicitudes do V Programa Marco.

Ademais das axudas descritas anteriormente e co fin de promove-la competitividade no V Programa Marco os grupos/equipos consolidados e os grupos/equipos de excelencia poderán solicitar axudas encamiñadas a cubri-los gastos que supón a elaboración dun proxecto europeo. O importe máximo destas axudas será de 250.000 ptas. referidas ós conceptos específicos recollidos nos puntos 4.4 e 4.5 das presentes bases, sempre en relación ós gastos de elaboración do correspondente proxecto. Estas axudas son compatibles coas axudas descritas nos puntos 2.2 e 2.3.

3. Solicitudes.

As solicitudes serán presentadas polo investigador principal do proxecto que deberá pertencer a unha das universidades do sistema universitario de Galicia ou a outros centros/organismos públicos de investigación radicados na Comunidade Autónoma. Cando no proxecto figuren investigadores que pertenzan a organismos distintos ó do investigador principal, estes terán que acredita-la autorización do seu organismo para participar no proxecto; estes investigadores non computarán para os efectos da composición mínima requirida a cada tipo de grupo/equipo solicitante.

O modelo oficial de solicitude número TIC-1 (do que a cara externa se publica como anexo IV á presente orde), está á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e en Internet nas direccións http://www.cesga.es/sxid e http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm

Os solicitantes deberán realizar unha declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude. Así mesmo deberán razoa-lo carácter aplicado e o interese socioeconómico do proxecto e considera-la posibilidade de explotación dos resultados e a súa posible transferencia á empresa.

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. No caso de que o director do grupo non participe na composición do equipo investigador requirirase o seu visto e prace á correspondente solicitude.

As solicitudes redactaranse en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma e para o caso da lingua galega deberán adaptarse ó disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro).

Calquera solicitude deberá ser presentada co visto e prace do representante legal do organismo correspondente (rector no caso das universidades).

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2000.

4. Conceptos subvencionables.

En xeral as axudas solicitadas deberanse referir a algún dos conceptos que a seguir se relacionan, se ben cada tipo de grupo deberá ter en conta as limitacións que lle son específicas.

4.1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto.

Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Poderá solicitarse persoal nas diferentes modalidades de axuda previstas neste anexo agás para o caso de grupos en formación (punto 2.1) e para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (punto 2.4).

O importe máximo por este concepto será de 5.100.000 ptas. para proxectos de tres anos, 3.400.000 ptas. para proxectos de dous anos e 1.700.000 ptas. para proxectos dun ano; no caso dos incentivos de grupo/equipos consolidados ou de excelencia (puntos 2.2.1.a) e 2.3.1.a) das presentes bases) poderase imputar a este concepto ata o importe total de subvención permitida descontados os custos indirectos.

4.2. Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificados. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ó que pertence o investigador responsable do proxecto.

4.3. Material funxible.

4.4. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

4.5. Outros gastos (especificalos no modelo de solicitude).

4.6. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarci-lo correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

5. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta requirirase ó solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias observadas, con advertencia de que de non o facer consideraráselle desistido da súa solicitude procedéndose, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999.

Aqueles investigadores que non cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases serán excluídos e no caso de que o grupo/equipo de investigación resultante non cumpra os requisitos mínimos esixidos á súa categoría (grupo en formación, grupo/equipo consolidado ou de excelencia) a solicitude será desestimada.

A ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

Cando a temática do proxecto o aconselle, logo de informe do xestor do programa e audiencia ó investigador principal, o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento conxuntamente co

director xeral de Comunicación Social e Audiovisual poderá determina-lo trasvase de solicitudes presentadas ó abeiro desta convocatoria a outras convocatorias do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

6. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas relativas a proxectos de investigación será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral de Comunicación Social (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Para a selección dos beneficiarios e a cuantificación das axudas de proxectos de investigación, teranse en conta, entre outros criterios, os seguintes:

a) A valoración científico-técnica realizada polos expertos como referencia fundamental.

b) A valoración dos resultados obtidos, polos investigadores que forman o equipo, en proxectos financiados anteriormente.

c) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Tecnoloxías da Información e das Comunicación.

d) O interese, relevancia e oportunidade, dos obxectivos do proxecto cara á resolución de problemas do sector relevantes para a Comunidade Autónoma.

e) A incidencia que nos mecanismos de transferencia de tecnoloxía poidan te-los resultados do proxecto presentado a través de empresas ou ben directamente pola propia institución.

f) Para o axuste económico e cando sexa necesario como complemento do criterio a) terase en conta a calidade do proxecto, a calidade e tamaño do equipo e a naturaleza e esixencia da investigación que se vai realizar.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual para que resolvan conxuntamente, podendo financiarse total ou parcialmente o orzamento presentado. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

O solicitante deberá comunica-la súa aceptación á concesión e á contía dela, para a realización do proxecto aprobado.

Para a selección dos beneficiarios e o establecemento da contía das axudas para a formación de novos grupos, os incentivos de grupos consolidados e de excelencia, así como para as axudas para solicitudes do V Programa Marco (puntos 2.1.1.a), 2.2.1.a), 2.3.1.a) e 2.4 respectivamente), terase en

conta fundamentalmente a calidade do grupo e as actividades que se pretenden realizar coa axuda solicitada.

7. Libramento da subvención.

A subvención será librada a través do organismo ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será necesario que a universidade ou organismo correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto ou, se é o caso, de ter adquirido o compromiso del, acompañada dos informes parciais dos proxectos de investigación correspondentes, se os houbese. Ademais no caso das axudas recollidas no punto 2.4 requirirase documento acreditativo de ter presentado solicitude ó V Programa Marco.

Para efectua-lo derradeiro pagamento o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

8. Seguimento do proxecto.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto de acordo coas valoracións feitas polos expertos.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivara unha mala utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos do proxecto.

Finalizado o proxecto a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en coordinación coa Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual remitiralles ós investigadores principais un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no seu desenvolvemento, quedando os investigadores principais obrigados a presenta-lo dito impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses dende a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, emitirá un informe sobre o

cumprimento do proxecto, con destino á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual. Estas unidades poderán convocar ó investigador principal, se o consideran necesario, a unha entrevista en relación coa execución do proxecto e os resultados obtidos.

9. Difusión de resultados.

Os traballos e mailos resultados obtidos serán propiedade dos seus autores que no momento de facelos públicos, deberán facer consta-la referencia específica da axuda recibida da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e deberán enviar a través do rexistro xeral da dita consellería ou do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento un exemplar das correspondentes publicacións.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informa-la Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto incluída unha posible patente.

10. Incidencias.

Os investigadores que se integran nun grupo que resulte seleccionado quedan obrigados a manterse no dito grupo (e non poderán integrarse ou formar parte doutro grupo), durante o período de vixencia do proxecto financiado, agás circunstancias excepcionais acaecidas con posterioridade á aprobación do proxecto e que deberán ser autorizadas expresamente pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación da presente convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases da presente convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas de conformidade co disposto nos artigos 78.7º e 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

ANEXO II

Axudas para a realización de proxectos

de investigación empresarial en tecnoloxías

da información e as comunicacións

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, de acordo cos obxectivos xerais establecidos no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDT), dirixidos ó estímulo do sector empresarial co fin de incrementar

tanto a súa competitividade como as posibilidades de creación de emprego, consideran do maior interese incentiva-la capacidade de innovación das empresas galegas mediante a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.

Desde o punto de vista estructural, esta acción non define modelos de actuación predeterminados. Con todo, debido á carencia de medios adecuados que se observa en gran número de empresas e á existencia de notables recursos científicos de carácter público, serán obxecto de apoio especial os proxectos nos que se conte coa colaboración de centros de investigación sen prexuízo da consideración favorable con que se consideren os proxectos presentados por empresas que teñan unha estructura e activos en I+D que lles permita abordar con solvencia a súa realización en solitario.

1. Obxecto.

Nestas bases regúlase o procedemento de concesión, en réxime de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, das axudas a empresas, asociacións ou agrupacións destas para a realización de proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, de acordo cos seguintes fins:

a) Fomenta-la realización de proxectos de iniciativa empresarial para favorece-la innovación nas empresas.

b) Incrementa-la colaboración dos centros de investigación e universidades da Comunidade Autónoma coas empresas de Galicia.

c) Estimular a medio prazo a participación das empresas de Galicia, sobre todo pequenas e medianas empresas, nos programas nacionais e europeos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

2. Beneficiarios.

Poderán acollerse a estas axudas as empresas e asociacións ou agrupacións destas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Te-lo seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e realiza-lo proxecto obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ó corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

c) Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.

d) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

e) Os demais esixibles en virtude de normas de dereito necesario.

3. Modalidades.

Poderán presentarse proxectos nalgunha das seguintes modalidades:

a) Modalidade A: proxectos presentados por empresas que teñen unha estructura e activos de

I+D que lles permite abordar por si mesmas a realización do proxecto.

b) Modalidade B: proxectos presentados por empresas que debido á carencia de medios adecuados encargan a totalidade ou parte da investigación a realizar no proxecto a equipos das universidades, dos centros públicos de investigación ou dos centros tecnolóxicos de Galicia.

4. Ámbito temporal.

Estas axudas concédense para a realización dun proxecto por un período máximo de tres anos e, en todo caso, o proxecto deberá estar rematado antes do 31 de decembro de 2002.

5. Contía das axudas.

A contía das axudas concedidas poderá acadar como máximo ata un 70% dos gastos necesarios para a consecución dos resultados finalistas obxecto do proxecto no caso de que se trate de investigación básica e ata un 45% no caso de que se trate de investigación aplicada e desenvolvemento. Para tal efecto poderanse incluí-los custos seguintes:

5.1. Gastos de persoal adicional imprescindible para a realización do proxecto.

Sólo será subvencionable aquel persoal alleo ó cadro de persoal da empresa que sexa contratado especificamente para colaborar no proxecto e que non teña vinculación laboral con ela nin a tivese nos dous últimos anos debendo especificarse na solicitude o perfil requirido. A subvención que poderá concederse por este concepto ascende a un máximo de 5.100.000 ptas. para proxectos de tres anos, 3.400.000 ptas. para proxectos de dous anos e 1.700.000 ptas. para proxectos dun ano.

A empresa poderá computar como achega dela mesma á realización do proxecto e polo concepto de persoal propio que se dedica á investigación e que colabore no proxecto ata un máximo do 60% do orzamento que deba achega-la empresa.

Os proxectos de investigación empresarial a que se refire esta orde poderán incluí-la contratación laboral de xoves titulados universitarios e de formación profesional de segundo grao ou ciclo superior. As ditas contratacións poderán concorrer ós incentivos dos programas de fomento dos contratos en prácticas e para a innovación tecnolóxica que convoca a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Para que as ditas contratacións poidan ser obxecto de subvención deberán reuni-los requisitos e condicións e observa-los prazos que se establezan para a presentación de solicitudes na correspondente orde de convocatoria e requirirán o informe previo da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

5.2. Custos de adquisición e utilización de instalacións, equipos, instrumentos, aparellos e demais material inventariable, na medida en que os ditos bens se destinen á actividade de investigación proposta. Admitirase material a escala de laboratorio

e de planta piloto pero, en ningún caso, se admitirá material a escala productiva (investimentos productivos).

5.3. Gastos en materiais funxibles necesarios para a execución do proxecto.

5.4. Gastos xerais suplementarios da empresa imputables con cargo directo ó proxecto tales como viaxes, comunicacións, etc. En ningún caso estes gastos poderán supera-lo 5% do custo do proxecto.

5.5. Custos de colaboracións externas coa universidade, centros públicos de investigación ou centros tecnolóxicos de Galicia.

5.6. Gastos para a protección dos resultados da investigación.

5.7. Outros gastos directamente derivados da actividade de investigación.

6. Presentación de solicitudes.

As solicitudes, segundo o modelo oficial número TIC-2 (do que a cara externa se publica como anexo V a esta orde), están á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, nos vicerrectorados de investigación das universidades de Galicia e en Internet nos seguintes enderezos: http://www.cesga.es/sxid e http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm

As solicitudes presentaranse por triplicado, no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

Á solicitude xuntaránselle os seguintes documentos:

1. Copia compulsada do CIF da empresa solicitante, ou NIF no caso de empresario individual, así como xustificante de alta no imposto de actividades económicas (IAE) e na Seguridade Social.

2. Copia compulsada do documento nacional de identidade e do poder bastante de representación co que actúe o solicitante e copia compulsada da escritura de constitución e modificacións, se é o caso, da persoa xurídica á que representa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou Industrial.

3. Declaración expresa de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

4. Declaración expresa de estar ó día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

5. No caso de proxectos da modalidade B xuntarase copia do contrato de colaboración asinado entre a empresa e o organismo/s público/s de investigación que realizará/n o proxecto ou que colaborará/n na súa realización ou no seu defecto unha carta de intencións. Neste documento deberá consta-la composición do/s equipo/s de investigación dos dito/s organismo/s público/s.

6. Xuntarase tamén unha declaración xurada do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto de tódalas administracións públicas, utilizando para estes efectos o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2000.

7. Tramitación.

Se a documentación achegada estivese incompleta requirirase o solicitante para que no prazo de dez días a complete ou emende as deficiencias, con advertencia de que de non facelo consideraráselle desistido da súa solicitude procedéndose conforme o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Non axustarse ós termos da convocatoria, o incumprimento dos requisitos nela establecidos, a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de desestimación da solicitude presentada con independencia de que poida acordarse outro tipo de actuacións.

8. Avaliación e selección.

A valoración das solicitudes presentadas será realizada por expertos externos designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. Efectuada a valoración, a selección das solicitudes e a determinación, se é o caso, da contía da axuda será realizada por unha comisión de selección constituída por cinco membros dos que tres serán designados polo director xeral de Comunicación Social e Audiovisual (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento. A comisión terá en conta, entre outros criterios, os seguintes:

a) A valoración realizada polos expertos como referencia fundamental.

b) A coherencia dos obxectivos do proxecto cos obxectivos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Programa de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.

c) O impacto das actuacións e resultados do proxecto cara á resolución de problemas relevantes para a Comunidade Autónoma.

d) Capacidade da empresa para a execución do proxecto.

A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual para que resolvan conxuntamente. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

9. Libramento da subvención.

Para poder percibi-las axudas correspondentes será necesario presentar, antes do 31 de outubro

do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, os seguintes documentos:

9.1. Certificación expedida pola entidade bancaria sinalando número de conta da empresa beneficiaria onde se debe realiza-lo pagamento.

9.2. Memoria xustificativa das actividades realizadas e do custo dos traballos executados, así como os xustificantes debidamente acreditados do investimento realizado e pagado.

9.3. Certificación acreditativa de encontrarse ó día das obrigas tributarias coas facendas estatal e autonómica expedidas pola Axencia Tributaria e pola Consellería de Economía e Facenda, respectivamente, así como certificación de encontrarse ó día no pagamento das cotas da Seguridade Social.

9.4. Certificación de non ter pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración da Comunidade Autónoma.

9.5. No caso de proxectos plurianuais, aval bancario ou de entidade aseguradora conforme o establecido na normativa vixente, por un prazo que medie entre a data de solicitude de pagamento da corrrespondente anualidade e a data límite de xustificación da última anualidade.

9.6. Para efectua-lo derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

9.7. No caso de proxectos da modalidade B, copia do contrato de colaboración entre a empresa e o organismo público.

Poderán realizarse pagamentos parciais a conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

10. Seguimento dos proxectos.

As axudas concedidas son compatibles con calquera outra destinada ó mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que as conceda, sempre que conxuntamente non superen o límite establecido no punto 5 das presentes bases. A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual poderán utiliza-los procedementos que consideren necesarios de modo coordinado para coñece-lo desenvolvemento do proxecto e o investimento das cantidades achegadas. Poderanse solicitar informes parciais que acrediten o progreso da investigación en curso e dean conta dos resultados obtidos ata ese momento. O xestor do programa, previsto no Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, poderá coñece-la marcha dos proxectos financiados e propo-la suspensión da axuda se da análise da marcha do proxecto se derivase unha mala utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos do proxecto. Neste contexto a Secretaría Xeral de Investigación

e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual poderán asignar a cada proxecto un investigador titor, que baixo a

coordinación do xestor do programa poida colaborar no seu desenvolvemento e seguimento.

Finalizado o proxecto, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou a Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual remitirán ás empresas beneficiarias destas axudas un impreso normalizado, para que nel se fagan consta-los resultados obtidos no ser desenvolvemento, quedando a empresa obrigada a presenta-lo dito impreso cuberto, nun prazo máximo de 3 meses desde a finalización do proxecto, a través do rexistro xeral da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou do rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. A información contida neste impreso será avaliada polo xestor do programa que, logo das comprobacións e aclaracións que sexan necesarias, expedirá un informe sobre o cumprimento do proxecto con destino á Secretaría Xeral de Investigación e á Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual. Estas unidades poderán convoca-lo responsable da empresa, se o consideran necesario, a unha entrevista en relación coa execución

do proxecto e os resultados obtidos.

Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a informa-la Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual de calquera resultado útil obtido no desenvolvemento do proxecto incluída unha posible patente.

11. Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual resolverán tódalas dúbidas e incidencias que poidan xurdir na aplicación desta convocatoria.

O incumprimento dos compromisos adquiridos conforme os termos do proxecto presentado e as bases desta convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas segundo o disposto no artigo 78.7º e 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

ANEXO III

Bolsas de terceiro ciclo en programas

de doutoramento relacionados co Programa

de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións

do Plan Galego de IDT

Na convocatoria xeral de bolsas para realizar estudios de terceiro ciclo nas universidades galegas, con cargo ós fondos da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, convocaranse seis bolsas destinadas a alumnos matriculados en programas de doutoramento impartidos nas universidades do sistema universitario de Galicia e relacionados co Programa de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións do Plan Galego de IDT. Ademais os bolseiros seleccionados deberán integrarse nun grupo de investigación dun centro público de investigación da Comunidade Autónoma.