Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.401

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de febreiro de 2000 pola que se fan públicas as vacantes provisionais dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas para o curso 2000-2001.

A base segunda da Orde do 20 de outubro de 1999 (DOG do 28), pola que se convocaba concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas, determinaba que se convocaban as vacantes exis

tentes no momento da convocatoria, as que se producisen ata o 31 de decembro de 1999 e as que resulten da resolución do concurso de cada corpo polo que se concursa no ámbito da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sempre que se correspondan con prazas que teñan o seu funcionamiento previsto na planificación xeral educativa.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar nos anexos I, II, III, IV, V, VI e VII desta orde as vacantes provisionais para o

curso 2000-2001 nos colexios públicos integrados, institutos de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música e escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran nos anexos poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto na orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria