Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

En cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación de 1954 e consecuentes do seu regulamento, declarada a urxente ocupación polo Decreto 305/1999, do 4 de novembro (DOG nº 229) dos bens e dereitos necesarios para realiza-las obras beirarrúas e iluminación pública en Couso de Limia, fáiselles saber a tódolos interesados afectados por esta expropiación que o décimo quinto día hábil, que no caso de coincidir en sábado pasará o seguinte día hábil, contado desde a última publicación deste anuncio no diario La Región, BOP e no DOG, ás 12 horas na casa do concelllo, sen prexuízo de desprazarse ó lugar onde estean situados os bens obxecto de expropiación, procederase ó levantamento de actas previas á ocupación.

Ata ese momento poderán formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes só para os efectos de corrixir posibles erros na relación de bens e dereitos afectados pola urxente ocupación.

Relación de bens e propietarios.

Propietario: Leopoldo García Quintas.

Bens que se van expropiar: 12 m de terreo e 30,15 m de muro, na vila de Couso de Limia.

Lindes.

Norte: propiedade de Francisco Rivero Traveso.

Sur: propiedade de Rosa García.

Leste: propiedade de Leopoldo García.

Oeste: estrada.

Sandiás, 24 de xaneiro de 2000.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa