Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o presente contrato ten por obxecto a realizción das obras incluídas no proxecto de reforma de redes eléctricas e cableados no mercado de abastos.

Tipo de licitación: 10.000.000 de ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: 3 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral de entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de vin

teseis días naturais, que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponde facer no DOG e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 796 27. Documentación: Copy Nova, r/ Nova de Abaixo nº 12 local 4. Teléfono: 981 54 23 93.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os seguintes por orde decrecente de importancia:

1. Mellor oferta económica: ata 6 puntos.

2. Experiencia e solvencia técnica: ata 5 puntos.

Garantías: provisional: 2% do orzamento de licitación. Definitiva: 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D./Da... con domicilio en... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF nº... e domicilio... toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... ptas. que supón unha baixa de... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que acompaña a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación do concurso... presentada por...

En..., ... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado).

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2000.

O alcalde

Rubricado