Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da primeira travesía da rúa Herminia Fariña Cobián e rúa Fernando II.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 13 de decembro do 1999 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da denominada primeira travesía da rúa Herminia Fariña Cobián e rúa Fernando II, formulado, mediante iniciativa particular, por BBT, Sociedad Limitada e redactado polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, con visado da delegación en Pontevedra do COAG con data do 25-6-1999, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Fomento-Rúa Dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2000.

P.D. (Resolución 5-7-1999)

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente-alcalde delegado da Área de Urbanismo

e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral