Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ACORDO do 11 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización feita por Unión Fenosa, S.A. para construcción dunha subestación de transformación de enerxía eléctrica en Lourizán, Pontevedra.

Formulada solicitude de autorización por Unión Fenosa, S.A. para construcción dunha subestación de transformación eléctrica de alta tensión en Lourizán, concello de Pontevedra, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, co obxecto de mellora-la subministración ó Concello de Pontevedra e ós concellos do Morrazo, e tendo en conta o evidente interese que o referido proxecto supón para os veciños e colectividades afectadas,

de conformidade co disposto no artigo 85 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Acordo someter a información pública por prazo de vinte días o referido proxecto, durante o que as persoas físicas e xurídicas poderán examinalo na sede desta delegación, sita na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e presenta-las alegacións que estimen pertinentes.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra