Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia unha contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: organización e montaxe do stand institucional da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no certame Salón Internacional da Alimentación (Sial 2000) (París, Francia, do 22 ó 26 de outubro de 2000).

División por lotes e número: non existen lotes.

Prazo de execución: estenderase desde o día seguinte ó da asinamento do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.)(90.151,82 euros).

5. Garantías.

Provisional: 300.000 ptas. (1.803,04 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa do Sar, 75-15702-Santiago de Compostela; teléfono: 981 54 63 04; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n-15704-Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

8. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 9.30 horas do día 16 de marzo de 2000.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2000.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados