Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2000 pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto desagregado do proxecto modificado número 1 de adecuación das ribeiras do río Lagares e melloras estructurais. Vigo. (Clave OH.436.419).

En cumprimento do establecido no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento a declaración de efectos ambientais de proxectos públicos ou privados de execución de obras, instalacións ou actividades recollidas nas diferentes lexislacións sectoriais, anúnciase a exposición pública do estudio de efectos ambientais do proxecto desagregado do proxecto modificado nº 1 de adecuacións das ribeiras do río Lagares e melloras estructurais, Vigo, de clave OH.436.419.

Os interesados poderán examina-lo devandito estudio por un período de vinte (20) días hábiles en horario de oficina, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nas seguintes dependencias:

a) Concello de Vigo. Concellería de Infraestructuras e Medio Ambiente.

Praza do Rei s/n, 36202 Vigo (Pontevedra).

b) Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente. Delegación Provincial de Pontevedra.

Rúa Benito Corbal, 47-4º, 36071 Pontevedra.

c) Xunta de Galicia. Organismo autónomo Augas de Galicia. Demarcación de Galicia Sur.

Rúa Palma, 4 (edificio Cambón), 36062 Vigo (Pontevedra).

d) Xunta de Galicia. Empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

Avda. Rodríguez de Viguri, 47-baixo B, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente da empresa pública de Obras

e Servicios Hidráulicos