Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 18 de febreiro de 2000, da Xunta Electoral Provincial da Coruña, de designación da Comisión de Radio e Televisión en relación coas eleccións ó Congreso dos Deputados e ó Senado que terán lugar o 12 de marzo de 2000.

A Xunta Electoral Provincial, en reunión do día da data, á vista da delegación efectuada pola Xunta Electoral Central por medio de instrucción do 15 de febreiro que corre (BOE do día 17), acordou designa-la Comisión de Radio e Televisión en relación coas elección ó Congreso dos Deputados e ó Senado convocadas polo Real decreto 64/2000, do 17 de xaneiro, que terán lugar o 12 de marzo, á que conforme o artigo 65.5º da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, lle corresponde, baixo a dirección da Xunta Electoral Provincial, efectua-la proposta de distribución de espacios gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública de ámbito rexional ou provincial e daqueloutros medios de ámbito similar, que teñan carácter de públicos, nomeado, logo de sorteo, o seu presidente.

A Comisión de Radio e Televisión, que se constituirá o próximo día vinte deste mes, ás once horas, na Secretaría da Xunta Electoral Provincial, estará formada polas seguintes persoas:

Presidente: José Luis Iravedra Lestal (Partido Popular). Suplente: Raul García Suárez.

Vocais:

Santiago del Valle Chousa (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE-progresistas). Suplente: Francisco José Calleja de Calvo.

Samuel Rodríguez López (Bloque Nacionalista Galego). Suplente: Manuel Francisco Méndez López.

A Coruña, dezaoito de febreiro de dous mil.

Concepción Otero Piñeiro

Secretaria