Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 18 de febreiro de 2000, da Xunta Electoral Provincial da Coruña polo que se fai pública a comunicación da Compañía Radio Televisión de Galicia da «Proposta de programación especial da RG e TVG para a campaña electoral M-2000 aprobada en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 17 de febreiro de 2000 e que comprende entrevistas programadas con distintos representantes de entidades políticas con motivo das eleccións xerais.

En cumprimento do previsto no parágrafo segundo da norma sexta da Instrucción da Xunta Electoral Central do 16 de setembro de 1999 (BOE número 222, do 16 de setembro), dictada en desenvolvemento do artigo 66 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, sobre procedemento dos recursos contra actos dos medios de comunicación en período electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de que a Compañía Radio Televisión de Galicia puxo en coñecemento desta Xunta Electoral Provincial a proposta de programación especial da RG e TVG para a campaña electoral M-2000, aprobada en

sesión extraordinaria que tivo lugar o día dezasete de febreiro e que comprende entrevistas con distintos representantes de entidades políticas con motivo da convocatoria de eleccións ó Congreso dos Deputados e ó Senado.

De conformidade co establecido na mencionada instrucción, as entidades políticas afectadas poderán examina-la dita programación nas dependencias da Xunta Electoral Provincial, sita no edificio da audiencia provincial, planta baixa, rúa Capitán Juan Varela, s/n, desta cidade da Coruña, no prazo preclusivo dun día desde a publicación deste acordo e formula-los recursos que consideren pertinentes.

A Coruña, dezaoito de febreiro de dous mil.

Concepción Otero Piñeiro

Secretaria