Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.278

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2000 pola que se fai pública a concesión de dúas bolsas de formación na área da estatística pública, convocadas por Resolución do 28 de outubro de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 232, do 1 de decembro).

Para dar cumprimento ó establecido na base 5ª da Resolución do 28 de outubro de 1999 (DOG nº 232, do 1 de decembro) e de conformidade co artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta dirección

RESOLVE:

Facer pública a concesión de dúas bolsas de formación nos termos que seguen:

Pola licenciatura de Matemáticas.

Beneficiario: Pardo Fernández, Juan Carlos.

Pola licenciatura de Económicas.

Beneficiario: Jácome Rodríguez, Raúl.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2000.

José Antonio Campo Andión

Director xeral do Instituto Galego de Estatística