Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.277

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Frigoríficos de Vigo, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Frigoríficos de Vigo, S.A., con nº de código 3600662, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-1-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 24-1-2000, de conformidade co disposto no parágrafo 2º artigo 26 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colec

tivos de traballo e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de xaneiro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Frigoríficos de Vigo, S.A.

Táboa salarial para o ano 2000

Código Categ.CategoríasSalario baseGratificación voluntariaComplemento distanciaTotal

1Título superior108.300131.2805.670245.250

12Título non superior108.300120.3305.670234.300
14Oficial 1ª administrativo90.060105.0005.670200.730

20Oficial 2ª administrativo73.26096.5405.670175.470

31Oficial 3ª administrativo73.26057.9305.670136.860

41Auxiliar administrativo N-173.26052.2305.670131.160
43Auxiliar administrativo N-273.26034.5905.670113.520
44Auxiliar administrativo N-373.26017.5805.67096.510
45Auxiliar administrativo N-470.6805.67076.350

51Maquinista73.26064.1405.670143.070
52Maquinista B73.26061.2005.670140.130
53Axudante máquinas73.26058.0805.670137.010
54Axudante máquinas N-173.26052.2305.670131.160
55Axudante máquinas N-273.26034.5905.670113.520
56Axudante máquinas N-373.26017.5805.67096.510
57Axudante máquinas N-470.6805.67076.350

61Encargados/capataces73.26067.1405.670146.070
62Oficial 1ª73.26064.1405.670143.070
63Oficial 2ª73.26061.2005.670140.130
64Oficial 3ª73.26058.0805.670137.010
65Peón Espec. N-173.26055.1105.670134.040
66Peón Espec. N-273.26052.2305.670131.160
67Peón Espec. N-373.26034.5905.670113.520
68Peón Espec. N-473.26017.5805.67096.510
69Peón70.6805.67076.350

71Empacadora73.26052.2305.670131.160
72Auxiliar empacadora N-173.26034.5905.670113.520
73Auxiliar empacadora N-273.26017.5805.67096.510
74Auxiliar empacadora N-370.6805.67076.350

81Limpeza73.26052.2305.670131.160
82Auxiliar limpeza N-173.26034.5905.670113.520
83Auxiliar limpeza N-273.26017.5805.67096.510
84Auxiliar limpeza N-370.6805.67076.350
85Auxiliar Mani. N-370.6805.67076.350