Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.279

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DA CORUÑA

ACORDO do 21 de febreiro de 2000, da Xunta Electoral Provincial da Coruña, polo que se fai pública a distribución de espacios gratuítos nos medios de comunicación de titularidade pública, a prol das entidades políticas concorrentes ás eleccións convocadas polo Real decreto 64/2000, do 17 de xaneiro, efectuada pola Comisión de Radio Televisión o día vinte do mes que corre e aprobada por esta Xunta Electoral Provincial o día vinteún de febreiro de dous mil.

En cumprimento do previsto na norma oitava da Instrucción da Xunta Electoral Central do 13 de setembro de 1999 (BOE número 222, do 16 de setembro), dictada en desenvolvemento do artigo 66 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, sobre procedemento dos recursos contra actos dos medios de comunicación en período electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio que por acordo desta Xunta Electoral Provincial do día da data foi aprobada a proposta de distribución de espacios gratuítos de propaganda electoral, nos medios de comunicación de titularidade pública, efectuada pola Comisión de Radio Televisión o día vinte de febreiro do mes a prol das entidades políticas concorrentes ás eleccións convocadas polo Real decreto 64/2000, do 17 de xaneiro.

De conformidade co establecido na mencionada instrucción, as entidades políticas que se consideren afectadas poderán examina-la dita proposta, así como os seus antecedentes, nas dependencias desta Xunta Electoral Provincial, sita no edificio da audiencia provincial, planta baixa, rúa Capitán Juan Varela, s/n, desta cidade da Coruña, no prazo preclusivo do día seguinte ó da publicación do presente acordo e formular dentro do mesmo prazo os recursos que consideren pertinentes en defensa dos seus dereitos.

A Coruña, vinteún de febreiro de dous mil.

Concepción Otero Piñeiro

Secretaria