Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 25 de novembro de 1999, aprobou definitivamente a delimitación da unidade urbanística 9/1999 nas parcelas propiedade de Carlos Muíño Couce en representación de Muíño Promotores, S.L., Juan Antonio Gómez Eirin e Manuela Gómez Díaz sitas na estrada de Castela e r/ México esquina borde da estrada da Trincheira, de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

«O Concello Pleno, en sesión celebrada o 26 de agosto de 1999, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 9/1999 nas parcelas propiedade de Carlos Muíño Couce en representación de Muíño Promotores, S.L., Juan Antonio Gómez Eirin e Manuela Gómez Díaz sitas na estrada de Castela e r/ México esquina borde da estrada da Trincheira, cualificadas no plan xeral como edificable en 146,2 m na primeira parcela e como zona verde (V-55) en 163 m na segunda parcela, no ámbito da UR-20. No Diario Oficial de Galicia do 29 de setembro e no Ideal Gallego do 11 de setembro de 1999, publicouse o anuncio de aprobación inicial, someténdose a información pública polo prazo de vinte días. Cumpridos os trámites de información pública e non se presentando reclamación ningunha, segundo consta no certificado do rexistro xeral; a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión celebrada o 28 de outubro de 1999, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou propoñer ó Pleno da

Corporación a adopción do seguinte acordo: aprobar definitivamente a delimitación da unidade urbanística 9/1999 no ensanche, comprendendo as parcelas propiedade de Muíño Promotores, S.L., Juan Antonio Gómez Eirin e Manuela Gómez Díaz que compoñen as dúas zonas da unidade, zona 1, parcela de 146,2 m destinada a edificación residencial, cos seguintes lindeiros: norte, estrada de Castela; leste, propiedade de Muíños promotores, S.L.; sur, parcela catastral 36581-05 e oeste, parcela catastral 36581-08. Zona 2, parcela de 163 m destinada a zona verde de sistema local (V-55) que linda: norte, máis zona verde municipal; sur, camiño, borde da Trincheira e parcela catastral 35666-09-; leste, parcela catastral 35666-08 e oeste, parcela catastral 35666-39, futura r/ México. Os terreos comprendidos na unidade teñen a clasificación de solo urbano».

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano

que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 11 de xaneiro de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde