Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 2 de febreiro de 2000, aprobou a adxudicación, mediante concurso, para a adquisición de equipamento para os diferentes servicios municipais (ano 2000); por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adquisición de equipamento para o persoal dos distintos servicios do Concello de Lugo no ano 2000, que abranga os seguintes bloques: bloque 1-calzado, bloque 2-roupa de faena, bloque 3-traxes e outros e bloque 4-uniformes policía local, que se axustarán ás normas e características establecidas no prego de condicións.

b) Prazo de entrega (meses): o prazo máximo de entrega será de 30 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: será o ofertado polos licitadores nas súas propostas.

5. Garantías.

Provisional: 50.000 pesetas para cada un dos bloques.

6. Obtención de documentos e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2. Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores consideren convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que teña lugar con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 7 de febreiro de 2000.

Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente-alcalde delegado de Área