Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente EDD 13/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 4 de febreiro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle da parcela turístico-comercial da urbanización Mato Grande na Coruña, presentado por Alpamayo Gestión Inmobiliaria, S.L., aínda que se terá en conta que todas aquelas superficies que en aplicación do plan xeral non sexan computables, non se terán en conta para os efectos do cómputo de superficie edificable e, polo tanto, deberán retirarse do documento para a aprobación definitiva (plantas técnicas).

2. Ordena-la súa publicación na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente que estará exposto ó público na oficina de planeamento, das 12 ás 14 horas, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os gastos de publicación serán satisfeitos por Alpamayo Gestión Inmobiliaria, S.L.

A Coruña, 11 de febreiro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo