Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente EDD 1/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 4 de febreiro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle do polígono POL-4 Capuchinas-Papagayo-Tabares, presentado pola Comisión Xestora do POL-4.

2. Ordena-la súa publicación na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente que estará exposto ó público na oficina de planeamento, das 12 ás 14 horas, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os gastos de publicación serán satisfeitos pola Comisión Xestora do POL-4

A Coruña, 11 de febreiro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo