Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso para a subministración de mobiliario con destino ó Centro do Servicio Municipal da Muller. (S2000/8).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. B) Número de expediente: S2000/8.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: mobiliario. b) División por lotes e número: non. c)Lugar de entrega: véxase o punto 1. d) Prazo de entrega: fixarano os licitadores nas súas ofertas, sen que en ningún caso poida ser superior a sete días a partir da data de adxudicación.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.000.000 (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase o punto 1. b) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automáticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subminis

tración de mobiliario con destino ó Centro do Servicio Municipal da Muller».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 16 de febreiro de 2000.

O alcalde

P.D.

Rubricado