Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.157

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 342/1999, do 16 de decembro, sobre horarios, quendas de urxencia e vacacións das oficinas de farmacia.

Advertido erro no Decreto 342/1999, do 16 de decembro, cómpre face-la seguinte corrección:

-O nº 2 do artigo 3º debe te-la seguinte redacción: «As oficinas de farmacia que opten polo establecemento dun réxime de apertura máis amplo có sinalado con carácter de mínimos deberán manter ese réxime permanecendo abertas polo menos durante un ano natural, entendendo por tal o período entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do mesmo ano, debendo comunicar tal opción con carácter previo durante o mes de outubro á Divisón de Farmacia e Productos Sanitarios do Sergas a través dos colexios oficiais de farmacéuticos».

-O artigo 8º debe te-la seguinte redacción: «No mes de novembro de cada ano os colexios oficiais de farmacéuticos remitiranlle á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais as correspondentes propostas de calendarios de quendas de urxencia das farmacias da provincia correspondentes ó ano seguinte. Así mismo, remitirán con dous meses de antelación os peches que se propoñan con motivo do período de vacacións.

As modificacións que se produzan, por motivos xustificados, nas quendas establecidas deberán ser autorizadas en igual forma pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais».