Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.157

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de febreiro de 2000 pola que se nomean os vocais da Comisión Asesora de Formación do Profesorado.

O Decreto 245/1999, do 29 de xullo de 1999 (DOG do 1 de setembro) polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas de niveis non universitarios, establece, no seu artigo 4.1º, a creación da Comisión Asesora de Formación do Profesorado, que forma parte dos órganos colexiados da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria previstos no artigo 11 do Decreto 213/1999, do 10 de xullo (DOG do 23).

No artigo 4.2º do devandito Decreto 245/1999 establécese a composición desta comisión e no artigo 4.3º regúlase que os membros da Comisión Asesora de Formación do Profesorado serán nomeados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria por proposta do titular do órgano ou ente ó que representan.

Vistas as designacións realizadas polas diferentes partes que constitúen a comisión é polo que

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomea-los vocais da Comisión Asesora de Formación do Profesorado segundo a relación recollida no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. En representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

-Presidente:

O director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, José Luis Mira Lema.

-Vocais:

O director xeral de Persoal, Jaime García García.

O director xeral de Centros e Inspección Educativa, Severizo Somoza Gómez.

O director xeral de Política Lingüística, Manuel Regueiro Tenreiro.

O inspector xefe da Inspección Central, Faustino José Salgado López.

O subdirector xeral de Ordenación Educativa, Eduardo Fernández Ares.

Os delegados provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

Delegación da Coruña, Alberto González Armesto.

Delegación de Lugo, Xesús Pablo González Moreiras.

Delegación de Ourense, José Luis Vázquez Fernández.

Delegación de Pontevedra, José Antonio Fraga Boullosa.

Catro directores de Centros de Formación e Recursos:

Centro de Formación e Recursos da Coruña, Celestino Pérez Recarey.

Centro de Formación e Recursos de Lugo, Manuel Díaz Regueiro.

Centro de Formación e Recursos de Ourense, José Lage Rodríguez.

Centro de Formación e Recursos de Pontevedra, Francisco Lozano Varela.

-Secretario:

O xefe de Servicio de Formación do Profesorado, José Manuel Cotelo Amado.

2. En representación das consellerías da Xunta de Galicia:

Consellería de Industria e Comercio:

O director xeral de Comercio e Consumo, Víctor Tello Calvo.

Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria:

O director xeral de Desenvolvemento Rural, José Mariano Pérez Fernández.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais:

A directora xeral de Saúde Pública, Pilar Farjas Abadía.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura:

O director xeral de Formación Pesqueira e Investigación, Joaquín Mariño Cadarso.

Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude:

O director xeral de Formación e Colocación, José Jaime López Cossío.

Consellería de Medio Ambiente:

O director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, Juan Casares Long.

3. En representación das universidades galegas:

Universidade da Coruña: Alfonso Barca Lozano.

Universidade de Santiago de Compostela: Miguel Anxo Santos Rego.

Universidade de Vigo: Mercedes Suárez Pazos.