Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.098

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se conceden axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E, para realizar entre o 1 de setembro de 1999 e o 30 de abril do ano 2000.

Por orde da Consellería de Educación do 1 de setembro de 1998 (DOG do 23 de setembro), convocáronse axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E.

De conformidade co disposto no punto décimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicar axudas, pola contía que se indica, para a realización de intercambios e encontros escolares que se van desenvolver entre o 1 de setembro de 1999 e o 30 de abril de 2000, ós centros que figuran relacionados no anexo I. No anexo II figuran os centros en lista de espera. Non existen proxectos excluídos.

Segundo.-O libramento das axudas ós centros realizarase a través da Axencia Nacional Sócrates. A dita axencia enviará a cada un dos centros seleccionados o modelo de contrato elaborado pola Comisión Europea. Este documento deberá ser cuberto e asinado polo director do centro e remitido posteriormente á Axencia Nacional Sócrates (Paseo del Prado, 28, 8º planta. 28014 Madrid).

Terceiro.-Unha vez recibidos os fondos da Comisión Europea, a Axencia Nacional Sócrates iniciará a tramitación para efectua-lo libramento das cantidades correspondentes a cada un dos centros seleccionados, de acordo co establecido nos contratos asinados polos ditos centros.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios deste tipo de axudas quedan obrigados a:

1. Comunicar, se é o caso, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade de calquera administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Someterse ás actuacións de comprobación que, se é o caso, poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memorias.

Os centros beneficiarios enviarán memoria descritiva do Proxecto Educativo Conxunto (PEC), cunha extensión máxima de 25 folios. A dita memoria reflectirá o grao de cumprimento dos obxectivos programados, a lista de alumnos participantes e a avaliación das actividades levadas a cabo, incluíndo o producto final elaborado polos alumnos. Poderá xuntarse material audiovisual. Enviarase igualmente copia do informe financeiro final e da folla de estatísticas enviada á Axencia Nacional Sócrates.

A documentación deberá remitirse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional (edificio San Lázaro 107. 15771 Santiago de Compostela), especificando Programa Sócrates, Lingua, Acción E, no prazo dun mes desde a finalización da actividade.

3.2. Xustificación económica.

3.2.1. Un informe financeiro final que inclúa o total dos gastos reais que poidan optar á axuda e nos que se incorrerá para a participación, así como os ingresos totais, en particular os cofinanciamentos obtidos. Este informe presentarase seguindo o modelo de liquidación de subvención enviado pola Axencia Nacional.

3.2.2. Os billetes orixinais de transporte (avión, tren) de tódolos participantes no intercambio e as facturas de aloxamento.

3.2.3. A folla estatística enviada pola Axencia Nacional con tódolos datos cubertos.

3.2.4. Un resumo de dúas páxinas escrito a máquina e a dobre espacio do informe final (memoria pedagóxica) sobre as actividades desenvolvidas durante o proxecto que conteña a lista cos nomes dos participantes no intercambio, e mención ó producto final dos alumnos.

A citada xustificación económica deberá remitirse á dita Axencia Nacional Sócrates, e dentro do prazo marcado no apartado 3.1., exceptuando a ficha de liquidación financeira, que se remitirá nos dez días seguintes á súa recepción.

Quinto.-A non xustificación da axuda percibida conforme o disposto nestas bases suporá o reintegro á Axencia Nacional Sócrates das cantidades non xus

tificadas e as esixencias dos xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas en que poida incorrer conforme os artigos 81 e 82 da vixente Lei xeral orzamentaria na súa nova redacción dada pola Lei 31/1990, do 27 de decembro.

Sexto.-Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Sétimo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999 (BOE do 14 da xaneiro).

Disposición derradeira

Primeira.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte á súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2000.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional

ANEXO I

Proxectos seleccionados

CentroProvinciaTítulo do proxectoPaísAxuda

lingua

IES Lamas de Abade-Santiago de C.A CoruñaGalicia y Les Pays de La Loire: el hombre y su alojamientoFrancia3.600

IES Félix

Muriel-Rianxo

A CoruñaArtesanía y lenguas minoritariasRomenia7.170

CPI Mosteiro-MeisPontevedraEuropa e nósAlemaña3.600

IES Pedra da

Auga-Ponteareas

PontevedraDivulgación de nuestra cultura y comparación del ecosistema marino del océano Atlántico con el del mar MediterráneoItalia4.200

IES Rodeira-Cangas do MorrazoPontevedraCangas e Saint-Nazaire, unidos polo marFrancia4.165

ANEXO II

Proxectos en lista de reserva

CentroProvinciaTítulo do proxectoPaísNº Supl.

IES Salvador Moreno-MarínPontevedraEl arte románico en Borgoña e en GaliciaFrancia1

IES Xelmírez II-Santiago de Comp.A CoruñaExplorando el misterio de NéstorGrecia2

IES Eduardo Pondal-Santiago de Com.A CoruñaEl vino de Burdeos en la construcción de EuropaFrancia3

IES Virxe do

Mar-Noia

A CoruñaEl Camino de Santiago, primer itinerario cultural europeoFrancia4

Colexio San José de Cluny-Santiago de C.A CoruñaEl Camino de SantiagoFrancia5

IES do Castro-VigoPontevedraVigo y Roma: dos identidades del pasado al futuroItalia6

IES Lucus Augusti-LugoLugoLa Europa medievalDinamarca7

CPI Mosteiro-MeisPontevedraVisita preparatoriaAlemaña8