Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 18 de xaneiro de 2000 pola que se declara a alleabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Barreiros, Pantón, O Rosal e Portas.

Polo Decreto 222/1999, do 15 de xullo (DOG nº147, do 2 de agosto), desafectáronse, entre outros,

varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Barreiros, Pantón, O Rosal e Portas.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alleabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alleabilidade dos bens inmobles que se describen a seguir:

1. Edificio de planta baixa e alta, que ten unha superficie total construída de 230 m, sito nun soar de 338 m, segundo recentes medicións, na parroquia de San Cosme, actualmente rúa Nova nº 73, termo municipal de Barreiros (Lugo). Estrema: norte, concello de Barreiros, hoxe rúa Nova; sur, máis de María Cristina Pedrosa Posada, hoxe Luís López de Prado; leste, concello de Barreiros; e oeste, de Rafael Palmeiro, hoxe José Palmeiro García.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo no tomo 680, libro 183, folio 100, predio nº 18409, inscrición 1ª.

2. Edificio de dous andares, baixo e alto, de 110 m por planta, construído sobre un soar sito no Campo da Feira de Pantón, parroquia de Ferreira, termo municipal de Pantón (Lugo), cunha superficie aproximada de 1.470 m, que linda: norte, estrada que cruza o Campo da Feira, hoxe Paseo da Deputación; sur, Campo da Feira; leste, herdeiros de Manuel Fernández; e oeste, herdeiros de Jesús e Consuelo González.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos no tomo 694, libro 149, folio 77, predio nº 9335-N, inscrición 3ª.

3. Predio situado no lugar de Rapeira, municipio de Portas (Pontevedra), dunha superficie de 480 m. Linda: norte, camiño entre terreo anexo á casa do médico; sur, máis terreo propiedade do Concello de Portas; leste, proxecto de estrada; e oeste, camiño reservado para obras municipais. Sobre este soar construíuse un edificio de planta baixa de 160 m destinado a almacén e oficinas.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis no tomo 618, libro 43, folio 91, predio nº 6243, inscrición 4ª.

4. Casa, con terreo unido, sinalada co nº 15 da praza do Calvario da vila e municipio do Rosal (Pontevedra), mide todo 335 m, dos que 145 m son do terreo no que hai un pozo e un alpendre destinado

a garaxe de 25 m; a casa mide 190 m. Linda: norte ou esquerda entrando, estrada do Estado ou Avenida Ramón Franco; dereita entrando ou sur, valo do atrio da parroquia; fronte ou oeste, praza do Calvario ou do Concello; fondo ou leste, predio matriz.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui no tomo 599, libro 58, folio 247, predio nº 2829, inscrición 3ª.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio