Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2000 Páx. 2.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

EXTRACTO da convocatoria, bases xerais e específicas das prazas do cadro de persoal laboral que se relacionan, reservadas a promoción interna, para prover, polo sistema de concurso-oposición, vacantes na relación de postos de traballo para 1999, da Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo número 4, con data do 7 de xaneiro de 2000, publícase a convocatoria e as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal laboral, que a continuación se relacionan, vacantes na RPT desta entidade para o ano 1999, para prover polo sistema de concurso-oposición, reservadas a promoción interna.

Nº prazasDenominación Grupo

1 Técnico bibliotecarioB

1 Administrativo C

1Auxiliar D

Presentación de instancias: dirixiranse ó presidente da Deputación Provincial de Lugo, no modelo que figura como anexo I das bases xerais e que se facilitará no Negociado de Selección, Promoción e Carreira (Sección de Administración de Persoal) desta deputación provincial. Presentaranse no rexistro xeral desta entidade, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOE.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria se publicarán no BOP de Lugo e/o no taboleiro de edictos desta corporación.

Lugo, 10 de xaneiro de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo