Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2000 Páx. 2.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de libros con destino á biblioteca da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 00/683 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de libros con destino á biblioteca da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: biblioteca provincial.

Prazo de entrega: ata o 31 de decembro de 2000.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento máximo de 9.000.000 de ptas., 54.091,09 euros (IVE incluído), que se desagrega en 2 lotes:

-Lote 1: libros inventariables: 7.500.000 ptas., 45.075,91 euros.

-Lote 2: libros non inventariables: 1.500.000 ptas., 9.015,18 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Telf.: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 7 de febreiro de 2000.

P.D.

Antonio Erias Rey

Vicepresidente primeiro da Deputación Provincial

da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña