Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2000 Páx. 2.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de papel de reprografía con destino á Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 00/792 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de papel de reprografía con destino á Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: ata o 31 de decembro de 2000 segundo os prazos parciais que estableza a deputación.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 4.950.000 ptas., 29.750,10 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 198.000 ptas., 1.190 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Telf.: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 4 de febreiro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña