Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2000 Páx. 2.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000 pola que se anuncia poxa para a contratación da obra: alargamento e mellora da PO-4303 Mondariz-Meirol (Mondariz).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, da referida obra por importe de 9.150.000 pesetas.

Fianzas: provisional 2% e definitiva do 4% do tipo de licitación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado