Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2000 Páx. 2.079

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servicios xerais de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativo á publicación das puntuacións revisadas do segundo exercicio da fase de oposición e relativo á celebración do terceiro exercicio da fase de oposición.

O punto 3º da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que as datas de celebración das probas serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de 10 días naturais de antelación.

Adoptado acordo polo tribunal da categoría do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servicios xerais sobre a nova publicación das puntuacións outorgadas ós aspirantes tralo proceso de revisión das reclamacións presentadas contra as puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición e , xa que logo, sobre a citación para o seguinte exercicio, procede agora darlle publicidade facultándose para iso expresamente a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Publicar nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos do organismo as puntuacións acadadas polos aspirantes no segundo exercicio da fase de oposición das categorías do grupo auxiliar da función administrativa e de persoal de servicios xerais, que inclúen a estimación ou desestimación, de se-lo caso, das reclamacións presentadas polos interesados contra a publicación inicial.

Segundo.-Transcribir literalmente o texto da acta da correspondente sesión deste tribunal:

1. Analizada a solicitude, formulada en diversas reclamacións, para que se efectuase a revisión do exame en presencia do aspirante, conclúese que, dado que tal posibilidade non está prevista nas bases da convocatoria e que, por outra parte, non resulta procedente nin materialmente posible debido ó número de reclamacións que foron presentadas, non se acepta esta solicitude.

2. Analizada a solicitude, presentada por diversos reclamantes, sobre a publicación dos criterios de corrección utilizados polo tribunal, dado que segundo se recolle nas bases os criterios de corrección serán fixados polo tribunal sen que se contemple a posibilidade da súa publicación, e que as puntuacións recollidas nas bases se refiren unicamente ós exames tipo test, non ós exames prácticos de infor

mática ó non responderen á configuración dun exame tipo test, acórdase desestimar tal solicitude.

3. Analizadas as solicitudes de copia do seu exame presentadas por diversos reclamantes, tendo en conta que se trata dun exame de informática e que tampouco esta posibilidade está prevista nas bases da convocatoria, acórdase desestimar tal solicitude.

4. Na alínea g) do anexo III da convocatoria correspondente á puntuación do segundo exercicio asígnaselle ata 80 puntos, e dado que, de conformidade co previsto no punto segundo da alínea a) da base sexta da resolución da convocatoria citada, non superarán os exercicios eliminatorios da fase de oposición aqueles exercicios que non acaden o 50% da puntuación máxima asignada ás probas de tal carácter, por parte do tribunal acórdase cualificar coa condición de non aptos tódolos exercicios que non acaden os 40 puntos e, polo tanto, non acreditan a pericia mínima esixible para supera-lo dito exercicio, todo isto motivado polo gran número de exercicios que se corrixen de forma non automatizada, ó non ser ésta de tipo test, e a diversidade de modelos de exames prácticos realizados, que complicarían en exceso a súa corrección.

5. Trala revisión practicada a tódalas reclamacións presentadas detectáronse os seguintes erros de transcrición que afectan os aspirantes que se detallan e que se proceden a corrixir:

-Na categoría de auxiliar da función administrativa:

DNIFiguraba comoDebe figurar como

Abadín Grande, Ana Mª34.972.550044.500 apto049.000 apto
Carballal Pombo, Rosa Mª79.311.031047.500 apto049.000 apto
Fernández Alonso, Mª Jesús32.760.793Non apto040.000 apto
Ferreiro Varela, José Luis32.812.164Non apto042.000 apto
García Rosales, Begoña36.088.053Non apto042.000 apto
Santiago Potel, Francisco J.35.458.516055.500 apto062.000 apto
Taboada Rodríguez, Camilo J.32.653.448Non apto047.500 apto
Ogando González, M. del Carmen44.470.649039.00 aptoNon apto

-Na categoría de persoal de servicios xerais (PSX):

DNIFiguraba comoDebe figurar como

Blas Cascallar, Miguel36.084.599Non apto040.000 apto
Cortes Mouriño, José Luis34.993.533045.000 apto055.000 apto
Domínguez Vila, Inmaculada34.970.975Non apto040.000 apto
Pérez Castrillón, Mª Belén32.667.461073.250 apto076.750 apto
Prada Alba, Jacinto32.445.184Non apto040.000 apto
Salgado Gómez, Amadeo E.32.787.160Non apto062,250 apto

6. Por erro non figuraban nas listas debendo figurar como non aptos os seguintes aspirantes:

-Na categoría de auxiliar da función administrativa:

Fernández Rodríguez, Estíbaliz: non apto.

Ferreiro Álvarez, José Luis: non apto.

González Hernández, Julio: non apto.

González Gómez, Mª Jesús: non apto.

Rodríguez Villamor, Jacqueline Raquel: non apto.

Romero Tanoira, M. Susana: non apto.

Vieites Pacheco, M. Soledad: non apto.

Santos Paz, José Ramón: non apto.

Na categoría de persoal de servicios xerais (PSX):

Lage Devesa, Mª José: non apto.

Pardo Agra, Inés: non apto.

Vázquez Andrade, Carmen: non apto.

7. Revisados os restantes exercicios decláranse desestimadas as demais reclamacións, procedendo a publicarse a lista definitiva.

Terceiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición o vindeiro día 29 de febreiro, no Pazo de Congresos e Exposicións, sito en San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, ás 10 horas para a categoría do grupo auxiliar da función administrativa e ás 12 horas para a categoría de persoal de servicios xerais.

Cuarto.-Os aspirantes deberán de ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único polo que se excluirá do concurso-oposición quen non compareza.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos