Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2000 Páx. 2.078

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 31 de xaneiro de 2000 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura pola Orde do 10 de novembro de 1999 (DOG nº 228, do 25 de novembro), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se expresa no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario desfruta dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará

a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña praza, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente; acto seguido realizaranse os trámites necesarios para a súa alta na nómina.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente perante, á elección do/a demandante, o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo ou no da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Apelidos e nomeNº rexistro de persoalGrupoPosto de traballoCódigo do postoNivelDependenciaLocalidade

Nebril Cea, Andrés3238688013 A2053CSecretario/a de apoioPE.C01.00.000.15770.00218Gabinete do conselleiroSantiago de Compostela

Arnaiz Ibarrondo, Ricardo3241023435 A2068AServicio de Asesoría TécnicaPE.C03.00.001.15770.04128Dirección Xeral de Recursos MariñosSantiago de Compostela

Moreira Arincón, Natividad3320508768 A1631BServicio de PescaPE.C03.00.002.15770.00528Dirección Xeral de Recursos MariñosSantiago de Compostela

Bellas Lorenzo, Modesto José3378451046 A2096BServicio de Vixilancia e InspecciónPE.C03.00.002.15770.01528Dirección Xeral de Recursos MariñosSantiago de Compostela

Berride Ferreira, Santiago

Fernando

3542885502 A2099CSección de VixilanciaPE.C03.00.002.15770.01625Dirección Xeral de Recursos MariñosSantiago de Compostela

Otero Peña, Alberto José3263717435 A2068AServicio de Comercialización e InfraestructuraPE.C04.00.001.15770.02628Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e MercadosSantiago de Compostela

Aldrey Aldrey, Mercedes3327341357 A2059CSecretario/a do director/a xeralPE.C05.00.000.15770.00218Dirección Xeral de Formación Pesqueira e InvestigaciónSantiago de Compostela

DesertoXerentePE.C99.40.202.36590.00126Centro de Control de Calidade do Medio MariñoVilaxoán, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra

Barreiro Piñeiro, José3530173724 A2060AXerentePE.C99.40.201.36600.00226Centro de Investigacións MariñasCorón, Vilanova de Arousa, Pontevedra